Ousá, Friol
Coordenadas: 43°04′53″N 7°43′49″O / 43.08131, -7.73038
San Xiao de Ousá é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 130 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística[2], 61 homes e 69 mulleres distribuídos en 15 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 20 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 150 habitantes (72 homes e 78 mulleres) e 25 menos que en 2004.
Ousá | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial de Ousá | |
![]() | |
Concello | Friol[1] |
Provincia | Lugo |
Área | 13,17 km² |
Poboación | 130 hab. (2016) |
Densidade | 9,87 hab./km² |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia faise o pan de Ousá, un pan con sona en Galicia e ao que se lle dedica unha festa gastronómica compartida co queixo de Friol.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de OusáEditar
Lugares da parroquia de Ousá no concello de Friol (Lugo) | |
---|---|
O Campo | As Carpaceiras | A Casa de Parga | A Casa do Pazo | As Lamelas | Lourido | A Mámoa | Mazcarelle | O Mozón | Novexilde | A Pereira | O Portonovo | Quintá | Requeixo | O Vilar |