Ourolo, Taragoña, Rianxo
Ourolo é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 306 habitantes (142 homes e 164 mulleres).
Ourolo | |
---|---|
Parroquia | Taragoña |
Concello | Rianxo |
Coordenadas | 42°40′48″N 8°49′53″O / 42.680130555556, -8.8313305555556 |
Poboación | 306 hab. (2013) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarNesta localidade atópanse dous cruceiros, ó longo da vella corredoira que percorre paralelamente a estrada comarcal AC-305 (Padrón-Ribeira).
O cruceiro de Ourolo, tamén nomeado da Cubeliña[1]que se atopa máis ó norte da aldea, posúe unha plataforma cuadrangular dun grao e pedestal cuadrangular rematado en chafráns. O seu fuste é de tipo circular, cun capitel cuadrangular co ábaco circular liso, astrágalo de lados curvos e vértices agudos, decoración de anxo con ás, e volutas. A súa cruz é de sección cuadrangular con brazos chafranados e remates florenzados. O Cristo atópase crucificado e sinala có índice da man esquerda, leva coroa de espiños e pergameo de INRI. A Virxe está orando coas mans xuntas sobre peaña de nubes.
O outro cruceiro que se localiza na aldea de Ourolo está carente de plataforma, con pedestal cuadrangular rematado con chafráns, o seu fuste circular cadrado no comezo, capitel cilíndrico co ábaco de lados curcos e vérticos chafranados, volutas, follas, cabezas de anxo con ás e caveiras con tibias en cruz. A Cruz é de sección cuadrangular cos brazos chafranados e remates florenzados. Presenta un Cristo crucificado coas mans abertas, con coroa de espiñas e cartela de INRI. A Virxe ora coas mans xuntas sobre peaña.
Cruceiro das Neves
editarO cruceiro das Neves de Ourolo é un cruceiro de capela de plataforma soterrada, cun fuste de sección cadrada con chafráns. A cruz é cuadrangular cos brazos con media cana e remates florenzados. O Cristo crucificado atópase coas mans pechadas, nimbo crucífero e pano de pureza sen nós. No reverso da Cruz, existe un baixorrelevo da Piedade. A capela é lisa, coa base troncopiramidal invertida cun anxo con ás, tellado a catro augas e teito plano. No interior da capeliña atópase unha imaxe da Nos Señora das Neves.
A carón do cruceiro, dentro dun muro, hai un crucifixo e un baixorrelevo.
Cruz de Ourolo
editarEste crucifixo está situado no oco do muro dunha vivenda, a carón do cruceiro das Neves de Ourolo. A cruz é de sección circular, leñosa e con nós, sobre pedestal moldurado. O Cristo crucificado ten as mans abertas, coroa de espiñas e o pano de pureza suxeito cunha corda, e leva pergameo de INRI.
No mesmo oco hai unha lousa con baixorrelevo de San Francisco sacando co cordón do hábito as almas do purgatorio.
Notas
editar- ↑ González Pérez, Clodio (2000-12-29). "Os Cruceiros de Cápela: V. Concello de Rianxo (II)". Cuadernos de Estudios Gallegos 47 (112): 372. ISSN 1988-8333. doi:10.3989/ceg.2000.v47.i112.185.
Lugares e parroquias
editarLugares de Taragoña
editarLugares da parroquia de Taragoña no concello de Rianxo (A Coruña) | |
---|---|
A Burata | O Burato | O Campo da Feira | Campos de Pazos | Cartomil | O Castriño | Chorente | Corques | A Coviña | O Cruceiro | A Cruz | Cuvide | Dorna | Fachán | Fonte Susán | A Igrexa | Iñobre | A Laxe | O Monte de Dorna | O Moroso | Ourille | Ourolo | Outeiro | Paradela | Pastoriza | As Pedriñas | A Senra | Té |
Parroquias de Rianxo
editarGalicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo | |
---|---|
O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador) |
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- PXOM de Rianxo 2014.