Ought é foi banda canadense de art rock procedente de Montreal. O grupo formouse no ano 2012 cando os seus membros comezaron a vivir xuntos nun local de ensaio comunal mentres gravaban o seu primeiro material. A banda estivo composta por Tim Darcy (voces, guitarra), Ben Stidworthy (baixo), Matt May (teclados) e Tim Keen (batería). O 3 de novembro de 2021 o grupo anunciou a súa separación a través dunha publicación no seu perfil de Facebook.[1]

Ought
OrixeMontreal, Canadá
Período2012 - 2021
Xénero(s)art punk, post-punk, indie rock, noise rock
Selo(s) discográfico(s)Constellation Records
MembrosTim Darcy
Matt May
Ben Stidworthy
Tim Keen
Na rede
http://cstrecords.com/ought/
Facebook: internetought Bandcamp: ought Last fm: Ought Musicbrainz: a039f1f1-e664-4aee-a917-426514734aa0 Songkick: 7029609 Discogs: 3800936 Allmusic: mn0003232103 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O seu EP de estrea, New Calm, foi publicado no ano 2012.[2]

Despois de asinar con Constellation Records, publicaron o seu primeiro álbum, More than Any Other Day, en 2014. Este traballo foi aclamado pola crítica,[3] e apareceu en varias listas de mellores discos do ano 2014, como nas de Rolling Stone, Pitchfork Media, Drowned In Sound, Loud and Quiet, Exclaim!, Crack Magazine e Paste.[4] O álbum acadou o número 20 na lista estadounidense Billboard Heatseekers.

En outubro de 2014 a banda editou Once More With Feeling, un EP con caras b de More Than Any Other Day e regravacións das súas primeiras cancións.[5] En xullo de 2015 a banda anunciou un segundo traballo, titulado Sun Coming Down, publicado no mes de setembro.[6][7]

A banda traballou co produtor francés Nicolas Vernhes no seu terceiro álbum de estudio, Room Inside the World, que foi publicado o 16 de febreiro de 2018.[8]

Discografía editar

Álbum Ano Selo Observacións
New Calm 2012 autoeditado EP
More than Any Other Day 2014 Constellation Records
Once More With Feeling 2014 Constellation Records EP
Sun Coming Down 2015 Constellation Records
Room Inside the World 2018 Merge Records/Royal Mountain Records

Notas editar

  1. "We are no longer active as a band". Facebook. Consultado o 2021-11-03. 
  2. Constellation Records (ed.). "Wellcome new recruits: Ought". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2015. Consultado o 12 de novembro de 2016. 
  3. Metacritic (ed.). "More Than Any Other Day". Consultado o 12 de novembro de 2016. 
  4. Constellation Records (ed.). "More Than Any Other Day". Consultado o 12 de novembro de 2016. 
  5. Constellation Records (ed.). "Once More With Feeling...". Consultado o 12 de novembro de 2016. 
  6. Still in Rock (ed.). "Still in Rock présente: Ought (indie rock)". Consultado o 12 de novembro de 2016. 
  7. "Album Review: Ought - Sun Coming Down". Consequence of Sound (en inglés). 2015-09-24. Consultado o 2019-12-06. 
  8. "Ought - Room Inside The World". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-06. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar