Otto Wagner

arquitecto austríaco


Otto Koloman Wagner, nado en Penzing (Viena) o 13 de xullo de 1841 e finado en Viena o 11 de abril de 1918, foi un arquitecto austríaco.

Modelo:BiografíaOtto Wagner

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Otto Koloman Wagner Editar o valor en Wikidata
13 de xullo de 1841 Editar o valor en Wikidata
Penzing, Austria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de abril de 1918 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Causa da mortegripe de 1918 Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturatúmulo de Otto Wagner (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Belas-Artes de Viena (pt) Traducir
Akademisches Gymnasium Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Viena
Budapest Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, debuxante arquitectónico, urbanista, catedrático, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAcademia de Belas-Artes de Viena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoArt Nouveau e Secesión vienesa Editar o valor en Wikidata
AlumnosKoloman Moser, Jože Plečnik, Ernst Lichtblau, Emil Hoppe, Gottlieb Michal (pt) Traducir, Max Fellerer (pt) Traducir, Engelbert Mang (pt) Traducir, Carl Reinhardt (pt) Traducir, Alfred Chalousch (pt) Traducir, Heinrich Schopper (pt) Traducir, Konstantin Peller (pt) Traducir, Camillo Fritz Discher (pt) Traducir, Otto Schönthal, Marcel Kammerer (pt) Traducir e Josef Hoffmann Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosOtto Wagner junior Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Enciclopedia de Otto
Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) Traducir, (vol:52, p.122) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1156519 Find a Grave: 8956 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Wagner naceu en Penzing, un suburbio de Viena. Estudou en Berlín e Viena. En 1864, comezou a deseñar os seus primeiros edificios en estilo historicista. A mediados e finais da década dos anos 1880, como moitos dos seus contemporáneos en Alemaña (tales como Constantin Lipsius, Richard Streiter e Georg Heuser), Suíza (Hans Auer e Alfred Friedrich Bluntschli) e Francia (Paul Sédille), Wagner converteuse nun defensor do «Realismo arquitectónico». Era unha posición teórica que lle permitía mitigar a dependencia das formas históricas. En 1894, cando se converteu en profesor de Arquitectura na Academia de Belas Artes de Viena, avanzara moito neste sentido cara a unha oposición máis radical ás correntes entón predominantes de arquitectura historicista.

Na súa primeira época o seu estilo caracterizouse pola robustez e a sobriedade clásica. Máis tarde recibiu o encargo da ampliación de Viena, do cal só realizou unha parte. A mediados da década dos noventa, xa deseñara varios edificios en Jugendstil. Wagner estaba moi interesado na achaiadura urbanística - en 1890 deseñou un novo plano para a cidade de Viena, pero só se construíu a rede de ferrocarril urbano, o Wiener Stadtbahn. En 1896 publicou un libro de texto titulado Arquitectura Moderna na que expresaba as súas ideas sobre o papel do arquitecto; baseábase no texto do seu discurso inaugural de ingreso na Academia do ano 1894. O seu estilo incorporou o uso de novos materiais e novas formas para reflectir o feito de que a propia sociedade estaba cambiando. No seu libro de texto, afirmaba que as "novas tarefas e perspectivas humanas esixían un cambio ou reconstitución de formas preexistentes". Na procura deste ideal, el deseñou e construíu estruturas que reflectían a función pretendida, como o austero bloque de apartamentos Neustiftgasse en Viena.

Foi mestre e amigo de Adolf Loos, Josef Hoffmann e de J. Olbrich. Defendeu aos novos artistas da Sezession, e achegouse aos seus postulados en obras como as estacións de metro de Viena.

Na construción da Caixa Postal de Aforros de Viena (1904-1906) móstrase como un auténtico precursor do racionalismo arquitectónico.

En 1897, Otto Wagner, Gustav Klimt, Joseph Maria Olbrich, Josef Hoffmann e Koloman Moser fundaron o grupo artístico chamado a "Secesión de Viena". Das ideas deste grupo desenvolveu un estilo que incluía referencias case-simbólicas ás novas formas de modernidade.

Wagner morreu en Viena en 1918.

 
Detalle da Majolikahaus
  • Comportas, Nußdorf, Viena, construídas en 1894
  • Estacións de metro en Viena (1894-1899).
  • Majolikahaus (Casa de Mayólica), Viena (1898-1900).
  • Caixa Postal de Viena (1904-1906).
  • Igrexa Steinhof, Viena (1903-1907).
  • Sinagoga de Rumbach, Budapest

Galería

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Mallgrave (ed.), Harry (1993). Otto Wagner: Reflections on the Raiment of Modernity. Santa Monica: Getty Center for the History of Art and the Humanities. ISBN 089236257X. 
  • Wagner, Otto (1988). Modern Architecture: A Guidebook for His Students to This Field of Art. Trans. Harry F. Mallgrave. Santa Monica: Getty Center for the History of Art and the Humanities. ISBN 0226869385. 
  • Duncan Berry, J. (1993). "From Historicism to Architectural Realism: On Some of Wagner?s Sources". En Harry Mallgrave. Otto Wagner: Reflections on the Raiment of Modernity. Santa Monica: Getty Center for the History of Art and the Humanities. pp. 242–278. ISBN 089236257X. 
  • Graf, Otto Antonia (1994). Otto Wagner: Das Werk des Architekten 1860-1918 (en alemán). Viena: Bölhau. ISBN 320598224X. 
  • Kolb, Günter (1989). Otto Wagner Und Die Wiener Stadtbahn (en alemán). Múnic: Scaneg. ISBN 3892350299. 
  • Schorske, Carl (1981). "The Ringstrasse and the Birth of Urban Modernism". Fin-De-Siècle Vienna: Politics and Culture. Nova York: Vintage Books. ISBN 0394744780. 

Ligazóns externas

editar