Osvaldo Dorticós
Osvaldo Dorticós Torrado, nado en Cienfuegos o 17 de abril de 1919 e finado na Habana o 23 de xuño de 1983, foi un político cubano que foi presidente de Cuba entre o 17 de xullo de 1959 e o 2 de decembro de 1976. Foi o segundo presidente despois do triunfo da Revolución Cubana e foi substituído por Fidel Castro no cargo cando se ditou a nova Constitución de 1976.
Biografía | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1919 Cienfuegos | ||||||||||
Morte | 23 de xuño de 1983 (64 anos) A Habana | ||||||||||
Causa da morte | Suicidio (Ferida por arma de fogo ) | ||||||||||
Lugar de sepultura | Cienfuegos | ||||||||||
Cargos Presidente de Cuba (1959 - 1976) | |||||||||||
Datos persoais | |||||||||||
País de nacionalidade | Cuba | ||||||||||
Educación | Universidade da Habana | ||||||||||
Actividade | |||||||||||
Lugar de traballo | Cienfuegos A Habana | ||||||||||
Ocupación | Avogado e político | ||||||||||
Partido político | Partido Comunista de Cuba | ||||||||||
Premios
| |||||||||||
Lista
|
Traxectoria editar
Foi un próspero avogado que participou no movemento revolucionario cubano, razón pola cal foi encarcerado en 1958. Escapou e refuxiouse en México, onde viviu para volver do exilio despois do triunfo de Fidel Castro. Desempeñou o cargo de Ministro de Xustiza, cargo desde o cal axudou a formular as políticas cubanas. Foi escollido presidente nese mesmo ano, esperando que fose máis leal a Castro que o seu antecesor Manuel Urrutia Lleó. Intelixente e competente, tivo considerable influencia no goberno. En 1976, cando o goberno cubano foi reorganizado, e Castro asumiu todos os poderes, Dorticós foi nomeado como membro do Consello de Estado de Cuba.
Suicidouse en 1983, aparentemente aflixido pola morte da súa esposa e polas doenzas crónicas que sufría. Nos seus últimos anos, estivo practicamente apartado da vida política.
Predecesor: Manuel Urrutia Lleó |
Presidente da República de Cuba 1959 - 1976 |
Sucesor: Fidel Castro |