Óscar Xuvenil

(Redirección desde «Oscar xuvenil»)

O Óscar xuvenil (Academy Juvenile Award ou Juvenile Oscar) foi un Óscar honorífico entregado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas segundo decisión da Xunta de Gobernadores para recoñecer actores de menos de dezaoito anos pola súa "importante contribución ao entretemento".[1][2]

Shirley Temple en 1933

O trofeo era unha estatua en miniatura dun Óscar que medía aproximadamente sete polgadas de alto.[2][3][4] O premio entregouse entre 1935 e 1961.

Historia editar

O primeiro neno actor candidato ao Óscar foi Jackie Cooper, de nove anos, candidato en 1931 polo seu traballo en Skippy.[5] Recoñecendo que os rapaces podían ter desvantaxes entre os votantes nas categorías de mellor actor ou actriz[6] e a non existencia das categorías para actores secundarios,[7] a Academia decidiu crear un premio especial honorífico para recoñecer o traballo de actores de menos de dezaoito anos.[2]

O 27 de febreiro de 1935, na 7ª edición dos Óscar, entregouse o primeiro premio xuvenil.[2]

Nos seguintes vinte e cinco anos entregouse intermitentemente a doce actores.[4][8] Porén, varios intérpretes xuvenís foron candidatos nas categorías de mellor actor secundario ou mellor actriz secundaria en categorías competitivas, como Bonita Granville (con catorce anos),[9] Brandon deWilde (con once),[10] Sal Mineo con dezasete.[11] e Patty McCormack (con once).[12] Ningún deles gañou.

O 17 de abril de 1961, na 33ª edición dos Óscar entregouse o último Óscar Xuvenil.

Premiados editar

Ano Premiado Idade[13]
1934
(7ª)
Shirley Temple 6 anos, 310 días
1938
(11ª)
Deanna Durbin 17 anos, 81 días
Mickey Rooney 18 anos, 153 días
1939
(12ª)
Garland, JudyJudy Garland 17 anos, 264 días
1944
(17ª)
O'Brien, MargaretMargaret O'Brien 8 anos, 59 días
1945
(18ª)
Garner, Peggy AnnPeggy Ann Garner 14 anos, 32 días
1946
(19ª)
Jarman, Jr., ClaudeClaude Jarman, Jr. 12 anos, 167 días
1948
(21ª)
Jandl, IvanIvan Jandl 12 anos, 59 días
1949
(22ª)
Driscoll, BobbyBobby Driscoll 13 anos, 20 días
1954
(27ª)
Whiteley, JonJon Whiteley 10 anos, 39 días
Winter, VincentVincent Winter 7 anos, 91 días
1960
(33ª)
Mills, HayleyHayley Mills 14 anos, 364 días

Anos seguintes editar

En 1962, Patty Duke, de dezaseis anos, gañou o Óscar á mellor actriz secundaria por O milagre de Anna Sullivan, converténdose na máis nova gañadora dun Oscar.[14] Tras ela tamén gañaron na mesma categoría Anna Paquin, con once anos, por The Piano (1993), e Tatum O'Neal, con dez, por Lúa de papel (1974).

Notas editar

  1. "Honorary Award". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "7ª edición dos Óscars". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 6 de xullo de 2011. 
  3. "17ª edición dos Óscars". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 6 de xullo de 2011. 
  4. 4,0 4,1 "Movie News: Oscar Statuettes". TVGuide.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2011.  Arquivado 10 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
  5. "4ª edición dos Óscars - Winners". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011. 
  6. Tourtellotte, Bob (21 de febreiro de 2007). "Baby Oscar winners advise Sunshine child star". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de xullo de 2011. 
  7. "7ª edición dos Óscars - Winners". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011. 
  8. "10 Bygone Academy Awards". MentalFloss.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2011. 
  9. "9ª edición dos Óscars - Winners". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011. 
  10. "26ª edición dos Óscars - Winners". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011. 
  11. "28ª edición dos Óscars - Winners". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011. 
  12. "29ª edición dos Óscars - Winners". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011. 
  13. Idade na cerimonia, non na filmación, que puido ter lugar un ou dous anos antes da entrega do premio
  14. "35ª edición dos Óscars - Winners". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar