Os secuestradores de burros
Os secuestradores de burros é unha novela en lingua inglesa de Gerald Durrell, publicada en 1968 por HarperCollins co título orixinal de The Donkey Rustlers.
Os secuestradores de burros | |
---|---|
Título orixinal | The Donkey Rustlers |
Autor/a | Gerald Durrell |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | HarperCollins |
Data de pub. | 1968 |
Tradución | Moisés Barcia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarA familia Finchberry-White marcha de Inglaterra á illa grega de Melisa, á aldea de Kalanero, onde todos os habitantes os estiman. Os protagonistas son Amanda e David (os rapaces da familia) e o seu amigo Yani, un rapaz orfo da illa. O alcalde da aldea reclámalle a Yani uns cartos que lle prestara ao seu pai, baixo a ameaza de quedar coas terras que herdara. Coa colaboración de Coocos, un rapaz tatexo da illa, planean secuestrar os burros da aldea, que supoñen o único medio de transporte para a poboación.
Tras comprobar que os burros nadaban, levan de noite a unha pequena illa deserta os 19 burros da aldea. Nesa mesma noite, de lúa chea, deixan carteis que deixan ao pobo desconcertado. O alcalde di que o secuestro foi obra dos comunistas, e decide ir á vila da illa para pedir axuda á policía. O inspector chega con dous cans para buscar pistas, pero non atopan nada. O alcalde pídelle axuda ao pai de Amanda e David (coñecedor do secuestro de man de Coocos), e o inglés recoméndalle que pida unha recompensa a cambio de información (recompensa superior á cantidade debida por Yani ao alcalde). Os rapaces dinlle ao alcalde onde están os burros, e logo de que Amanda lle reclamase os cartos, o alcalde viuse obrigado a dárllelo.
Traducións
editarFoi traducido ao galego por Moisés Barcia, e editado por Sushi Books en 2019.[1]
Notas
editar- ↑ "Os secuestradores de burros". Sushi Books. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2021. Consultado o 06 de novembro de 2021.