Os pronomes persoais galegos

palabras que substitúen o substantivo


 Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego
Os pronomes persoais son palabras que substitúen o substantivo e sinalan temporalmente seres ou obxectos en determinados contextos. En galego existen os seguintes pronomes persoais:

  singular plural
primeira persoa eu, min nós, nosoutros/nosoutras
segunda persoa ti vós, vosoutros/vosoutras
terceira persoael/ela, vostede, si eles/elas, vostedes, si

Pronomes complemento coa preposición con:

  • comigo: Carme bailou comigo
  • contigo: Túa nai quería falar contigo
  • consigo (con el/ela): Carlos estivo pelexando con el
  • connosco: Ven xantar connosco
  • convosco: Vou xogar convosco
  • consigo (con eles/elas): Vou ao mercado con elas

Pronomes complemento co resto das preposicións (a, de, por, para...)

  • min: Estiveron falando de min
  • ti: Este xersei é para ti
  • el, ela: Estás todo o día mirando para ela
  • nós: Elas trouxeron esa agasallo para nós
  • vós: Non esperaba iso de vós
  • eles, elas: Podes ir xogar con eles

Contraccións dos pronomes persoais editar

Fixádevos que as terceiras persoas (el, ela, eles, elas) contraen coas preposicións de e en:

  el ela eles elas
de del dela deles delas
en nel nela neles nelas

Os pronomes complemento editar

Pronomes complemento sen preposición:

me te/che o (lo, no); a (la, na); lle
nos vos os (los, nos); as (las, nas); lles
  • me: Viume onte / Deume un regalo
  • te / che: Viute o outro día / Vinche o embigo. Cando ó poñer a frase en terceira persoa o pronome resultante sexa o (lo, no), en segunda persoa será te: vino o outro día -> vinte o outro día
    Cando ó poñer a frase en terceira persoa o pronome resultante sexa lle, en segunda persoa será che: vinlle o embigo -> vinche o embigo
  • o (lo, no); a (la, na); os (los, nos); as (las, nas)

Cando van diante do verbo sempre se emprega o (non O vin); cando este pronome vai despois do verbo pode adoptar as seguintes formas:

  • o: emprégase cando o verbo co que vai remata en vocal que non forme ditongo ou en consoante distinta de -r ou -s: cántao, cántano
  • lo: emprégase cando o verbo co que vai remata en -r ou -s: cantalo
  • no: emprégase cando o verbo co que vai remata en ditongo: canteino; comeuno
  • lle; lles: Merqueille un libro ao neno; Xa lles falei de ti.
  • nos: Ela viunos / Xosé pediunos a receita
  • vos: prestáronvos o libro

Contraccións dos pronomes complemento editar

 

As contraccións destes pronomes co pronome de complemento directo o, os, a, as son:

galego
me + o = mo
che + o = cho
lle + o = llo
nos + o = nolo
vos + o = volo
lles + o = llelo

Por exemplo:

  • deumo/deicho/deillo ó neno
  • déunolo/déuvolo/déillelo ós nenos

Cómpre saber ademais que ... editar

  • O pronome da segunda persoa: che/vos (para o tratamento familiar) ou lle/lles (para o tratamento de cortesía) emprégase en galego cando se quere implicar o noso interlocutor no que estamos a dicir. Estámonos a referir ao pronome de solidariedade. Daquela podemos dicir: o Xan évos unha boa persoa, o Xan élle unha boa persoa, o Xan élles unha boa persoa
  • Cando hai varios interlocutores mesmo pode aparecer dúas veces o pronome de solidariedade, unha en singular e outra en plural: O Xan échevos unha boa persoa
  • Vídeo pedagóxico sobre convosco e connosco (no programa Ben Falado)