Os miserábeis (filme de 2019)
Os miserábeis (en francés: Les Misérables) é un filme francés de 2019 dirixido por Ladj Ly e escrito por Ly, Giordano Gederlini e Alexis Manenti. Baséase nunha curtametraxe homónima realizada polo propio Ly. Está protagonizado por Damien Bonnard, Alexis Manenti, Djebril Zonga, Issa Percia, Al-Hassan Ly, Steve Tientcheu, Almany Kanoute e Nizar Ben Fatma. O filme baséase na violencia policial ocorrida o 14 de outubro de 2008 en Montfermeil, observada e filmada por Ladj Ly. Montfermeil é un suburbio a 25 quilómetros ó nordeste de París onde, na novela Os miserables de Victor Hugo (1862), o exconvicto Jean Valjean coñece a Cosette, unha nena maltratada polos seus pais adoptivos. O filme describe os abusos contra os cidadáns pobres, especialmente os adolescentes de etnia árabe ou africana.
Os miserábeis | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Les Misérables |
Director | Ladj Ly |
Produtor | Toufik Ayadi Christophe Barral |
Guión | Ladj Ly Giordano Gederlini Alexis Manenti |
Baseado en | Les Misérables de Ladj Ly |
Intérpretes |
|
Música | Pink Noise |
Fotografía | Julien Poupard |
Montaxe | Flora Volpeliere |
Estudio |
|
Distribuidora | Le Pacte |
Estrea | Festival de Cannes: 15 de maio de 2019 20 de novembro de 2019 22 de novembro de 2019 (NUMAX) |
Duración | 103 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Drama |
Recadación | 9,4 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
https://www.lesmiserables.movie/home/ | |
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 15 de maio. Estreouse nos cinemas de Francia o 20 de novembro a través da distribuidora Le Pacte. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.
Estreouse subtitulado en galego o 22 de novembro de 2019 a través de NUMAX (Santiago de Compostela).[2] Os subtítulos foron traducidos ao galego por Samuel Solleiro co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Sinopse
editarStéphane únese ás brigadas anticriminais de Montfermei, onde coincide con Chris e Gwada. Ambos amósanlle as enormes tensións que existen entre os distintos grupos organizados que teñen como único obxectivo facerse co control do distrito.
Personaxes
editar- Damien Bonnard como Stéphane / Pento
- Alexis Manenti como Chris
- Djebril Zonga como Gwada
- Issa Perica como Issa
- Al-Hassan Ly como Buzz
- Steve Tientcheu como The Mayor
- Almamy Kanoute como Salah
- Jeanne Balibar como The Commissioner
- Raymond Lopez como Zorro
- Omar Soumare como Macha
- Sana Joachaim como Bintou
- Lucas Omiri como Slim
- Nazar Ben Fatma como La Pince
Notas
editar- ↑ "Les Misérables". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2019.
- ↑ numax.org (ed.). "Os miserábeis en NUMAX". Consultado o 9 de maio de 2022.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Os miserábeis na IMDb (en inglés).