Os indefinidos galegos

 Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego

Os adxectivos indefinidos determinan ao substantivo de xeito impreciso. Existen adxectivos indefinidos que designan a unidade, unha parte imprecisa dunha cantidade ou unha totalidade.

Os indefinidos
Indefinido Exemplo
un/uns uns papeis
unha/unhas unha pomba
algún/algúns algún tipo de viño
algunha/algunhas algunha vez
outro/outros imos ir outro día
outra/outras na outra beira

Contraccións editar

Estas formas contraen con de, en, con, este, ese e aquel:

  un unha uns unhas
de dun dunha duns dunhas
en nun nunha nuns nunhas
con cun cunha cuns cunhas
  algún algunha algúns algunhas
de dalgún dalgunha dalgúns dalgunhas
en nalgún nalgunha nalgúns nalgunhas
  outro outra outros outras
de doutro doutra doutros doutras
en noutro noutra noutros noutras
este estoutro estoutra estoutros estoutras
ese esoutro esoutra esoutros esoutras
aquel aqueloutro aqueloutra aqueloutros aqueloutras

Fixádevos que de e en non contraen con algo ou alguén. Así, escribiremos: De algo me vale estudar / De alguén me terei que fiar (e non *dalgo ou *dalguén)

Só hai un caso en que con e un non contraen: cando un é un pronome indefinido: traballa con un calquera; pero: traballa cun home calquera.