Os asollados
Os asollados (título orixinal en francés: Les Ensoleillés) é un libro do escritor francés Joël Egloff publicado no ano 2000. Consiste nunha colección de relatos curtos satíricos nos que os personaxes se desenvolven en diversas situacións inesperadas provocadas por unha eclipse total de sol.[2]
Os asollados | |
---|---|
Título orixinal | Les Ensoleillés |
Autor/a | Joël Egloff |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Xénero(s) | Narrativa (relatos curtos) |
Editorial | Éd. du Rocher Rinoceronte[1] |
Data de pub. | 2000 2017 |
Páxinas | 122 |
ISBN | ISBN 978-84-92866-82-3 |
Tradución | Moisés Barcia |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2017 foi traducido ao galego por Moisés Barcia e publicado pola editorial Rinoceronte.[3]
Notas
editar- ↑ rinoceronte.gal (ed.). "Os asollados". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
- ↑ culturagalega.gal (ed.). "Os asollados". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
- ↑ crtvg.es (ed.). ""Os asollados" de Joël Egloff". Consultado o 26 de xuño de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha do libro na páxina de Rinoceronte Editora Arquivado 26 de xuño de 2018 en Wayback Machine. (en galego)