Oruchuban Ebichu

serie de debuxos animados

Oruchuban Ebichu (おるちゅばんエビちゅ lit. Ebichu organiza a casa) é un manga creado por Risa Itō publicado por Futabasha. Tamén conta cunha adaptación ao anime, a cal foi producida por Gainax, pero animada por Group TAC, que foi transmitida por DirecTV Xapón, e ademais era un dos tres animes que facían parte dun show chamado Ai no Awa Awa Hour. Foi transmitida no Xapón do 1 de agosto de 1999, ata o 1 de outubro dese mesmo ano.

Oruchuban Ebichu
おるちゅばんエビちゅ
(Oruchuban Ebichu)
Anime ''
Dirixido por Makoto Moriwaki
Estudio Group TAC, Gainax
Canle televisiva
Primeira emisión 1 de agosto de 1999
Última emisión 1 de outubro de 1999
Núm. de capítulos 24
Manga
Creado por Risa Itō (伊藤 理佐)
Editor
Publicado en Futabasha
Primeira edición 1991
Última edición 2008
Núm. de volumes 15

Orochuban Ebichu é un anime e un manga dirixido ao público adulto, debido á súa explícita violencia, linguaxe ofensivo, e escenas de sexo explícito das cales só poderían mostrarse por DirectTV Japan. A versión inédita só pode atóparse en DVD. O programa está feito cun estilo de arte moi sinxelo, e o seu contido sexual está dirixido máis cara ao xénero de comedia, o cal se considera ecchi, ca a un xénero fetichista.

Personaxes editar

  • Ebichu - Hámster moi imperativa que se encarga das tarefas do fogar.
  • Ama - É a dona de Ebichu.
  • Kaishounachi - Mozo da ama. É infiel e non se leva ben con Ebichu.
  • Maa-kun - É amigo de Kaishounachi e está profundamente namorado de Ebichu.
  • A caseira - É a dona do edificio onde viven Ebichu e á súa ama.
  • Os Kobayashi - Son unha parella de recentemente casados que se mudan ao apartamento de ao lado. Ebichu e a súa dona espíanlles con frecuencia.
  • Watanabe-san - É amiga da ama de Ebichu, sempre está a sorrir e encántanlle as flores.

Ligazóns externas editar