Orlan (traxe espacial)

Orlan é o nome dunha familia de traxes espaciais soviéticos e rusos deseñados por NPP Zvezda para actividades extravehiculares. Foi usado por primeira vez na estación Saliut 6 e seguiron usándose na estación Mir e na Estación Espacial Internacional. Os traxes Orlan derivan do traxe Kretchet, que tería que terse usado na exploración lunar tripulada polos soviéticos. Está formado por extremidades flexibles unidas a un torso ríxido co casco integrado. Accédese ao traxe por unha tapa na parte posterior, que se pecha selando o traxe. A parte exterior da tapa contén o soporte de equipo vital do traxe, mentres que os controis están na parte frotanl, no peito.[1]

O cosmonauta Oleg Kotov usando traxe espacial Orlan durante un paseo espacial.

A versión orixinal, o Orlan-D, usado na Saliut 6, tiña unha autonomía de tres horas. A versión DM soporta ata nove horas de excursión extravehicular. A presión interna do traxe é de 0,40 atmosferas, requirindo só un tempo de 30 minutos de prerrespiración para poder usalo.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2023). "Orlan" (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar