Orense Nuevo
Orense Nuevo foi un semanario que se editou en Ourense entre 1910 e 1911.
Orense Nuevo | |
---|---|
Remata | 1911 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ourense |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Semanario Republicano Radical, apareceu en decembro de 1910. Periódico republicano vencellado ao Partido Radical, estaba promovido por Amado Garra. Estivo dirixido por Juan Contreras Lobit, que foi substituído en febreiro de 1911 por José Marcos. Enfrontado con El Bombo, foi denunciado en agosto de 1911, e en novembro foi desautorizado como órgano do Partido Radical. Cesou a súa publicación en decembro de 1911.[1]
Notas
editar- ↑ La Correspondencia de España, 23-11-1911, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Orense Nuevo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Orense Nuevo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. pp. 155–157. ISBN 84-505-5721-6.