Orde de Santa María do Monte Carmelo

A Orde dos Irmáns da Benaventurada Virxe María do Monte Carmelo (en latín: Ordo Fratrum Beatissimae Mariae Virginis de Monte Carmelo), máis coñecida como Orde Carmelita, é unha orde mendicante católica, que ten a súa orixe nas comunidades eremíticas que existían no século XII no Monte Carmelo, en Palestina. En 2020, a rama masculina da orde sumaba 2 077 frades, dos que 1 310 eran tamén sacerdotes.[1] Os membros desta orde engaden as siglas O.carm ao final do seu nome.

Orde dos Irmáns da Benaventurada Virxe María do Monte Carmelo
Ordo Fratrum Beatissimae Mariae Virginis de Monte Carmelo
Orde relixiosa da Igrexa Católica
Historia
FundaciónFinais do século XVI en Monte Carmelo, Palestina
AprobaciónEntre 1206 e 1214 polo patriarca latino de Xerusalén Alberto
Goberno e estrutura
Prior XeralFernando Millán Romeral
Outros datos
LemaZelo zelatus sum pro Domino Deo exercituum
SiglasO.Carm.
Sede centralRoma, Italia
Páxina webocarm.org

Orixe editar

O Primeiro Libro dos Reis, un libro histórico da Biblia, relata como o profeta Elías reuniu unha comunidade de homes no Monte Carmelo, que en arameo significa "xardín", e dende alí traballou na defensa da pureza da fe no Deus de Israel, vencendo ao desafío dos sacerdotes de Baal.

Inspirándose en Elías, estabelecéronse moi pronto alí comunidades monásticas cristiás, e cando os cruzados chegaron en 1099, atoparon xa relixiosos estabelecidos, de rito maronita e que seguían a regra de San Basilio. Arredor de 1154 retirouse alí o nobre franco San Bertoldo, chegado a Palestina xunto ao seu curmán Aimery de Limoges, patriarca latino de Antioquía, e reuniu aos eremitas para levar unha vida cenobítica. Os relixiosos edificaron unha pequena igrexa en medio das súas celas e a dedicaron á Virxe María, tomando o nome de "Irmáns de Santa María do Monte Carmelo".

Bertoldo converteuse no primeiro prior da orde. Cando rematou a terceira cruzada, algúns cruzados e peregrinos uníronse a el, para levar unha vida eremítica.

Notas editar

  1. "Order of Our Lady of Mt. Carmel (Institute of Consecrated Life - Men) [Catholic-Hierarchy]". www.catholic-hierarchy.org. Consultado o 2022-09-26. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas: editar