Oplegnátidos

(Redirección desde «Oplegnathidae»)

Os Oplegnátidos (Oplegnathidae) son unha familia de peixes mariños, incluída na orde dos Perciformes. Distribúense polo Xapón, sueste de Australia ata Tasmania, illas Galápagos e costa occidental de Suramérica, así como nas costas de Suráfrica.

Oplegnathus fasciatus

Características editar

Corpo oblongo e comprimido, cuberto de pequenas escamas ctenoideas. Boca termina, cos dentes fusionados, formando nos adultos un pico similar ó dos papagaios. Poden alcanzar talles máximos de 90 cm.

Na aleta dorsal, única, presentan unhas 12 espiñas e 11-22 raios brandos; nos adultos, as espiñas son máis curtas que os raios brandos, mentres que nos xuvenís son da mesma altura e continuas. Na aleta anal teñen tres espiñas e 11-16 raios brandos. Caudal furcada,

Aliméntanse de percebes e moluscos.

Clasificación editar

Só contan cun xénero, Oplegnathus, con sete especies.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar