Abelleira común

especie de planta
(Redirixido desde «Ophrys apifera»)
Abelleira común
Ophrys apifera flower2.jpg
Abelleira común
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Asparagales
Familia: Orchidaceae
Subfamilia: Orchidoideae
Tribo: Orchideae
Xénero: Ophrys
Huds.
Nome binomial
'Ophrys apifera'
Subdivisións

Ver no texto

A abelleira común[1], Ophrys apifera, é unha orquídea monopodial e terrestre da subtribo Orchidinae (familia Orchidaceae). Hai dúas especies das chamadas orquídeas abella: unha, Ophrys apifera, ten quizais a distribución máis ampla das especies de Ophrys e está presente en Galicia. A outra Ophrys schulzei, é unha especie oriental que está presente só en Anatolia e no Oriente Medio.

EtimoloxíaEditar

O nome Ophrys deriva da palabra grega ophrys, que quere dicir cella, referíndose á alta consideración que se ten cara a este xénero. Do latín apis, abella, e fero, que leva, que leva abella, referírese ó seu labelo, o cal toma a forma dunha abella para lograr a polinización. A Ophrys menciónase por vez primeira no libro Historia Natural de Plinio o Vello. Estas orquídeas denomínanse "orquídeas abella" porque o labelo das flores aseméllase ó abdome das abellas.

DistribuciónEditar

Ophrys apifera distribúese ó longo de Europa central e do sur, así como tamén no norte de África e Oriente Medio. Tamén pode atoparse nas catro provincias galegas pero sen ser corrente en ningunha delas.[1]

HábitatEditar

Atópase en terreos húmidos e en herbais onde sobresae pola súa grande alzada de case 50 cm, tamén está presente en prados de transduna nos areais costeiros.[1]

DescriciónEditar

Ophrys apifera ten un tubérculo subterráneo, globular e pequeno, que serve como unha reserva de alimento. Dese tubérculo sae o talo floral erecto sinxelo e sen ramificacións. Durante o verán esta orquídea está dormente e ó final do verán-outono desenvolve unha roseta de follas. Tamén empeza a desenvolverse un novo tubérculo, o cal madura á primavera seguinte. Na primavera seguinte o talo floral empeza a desenvolverse, e durante a floración as follas xa comezan a murchar.

A planta adoita medir 30 cm de altura, as follas son oblongo lanceoladas, arredondadas, sen indentacións, de cor verde azulado. Forman unha roseta. Desenvólvense no outono e poden sobrevivir ás xeadas do inverno.

As flores posúen un labelo de gran tamaño. O labelo ten unha cor marrón escuro con manchas marrón máis claro, liñas brancas e amarelo pálido. O labelo ten tres lóbulos cos laterais que están voltos cara a adiante cuns pelos finos e sedosos. O lóbulo maior é redondeado bombeado turxescente cunha base de pelos esbrancuxados, a miúdo teñen manchas violeta facendo un X ou un H. Os sépalos son do mesmo tamaño e consistencia, duns 7 mm de lonxitude e unha cor rosada homoxénea.

De dúas a dez flores desenvólvense no talo floral con follas basais. As flores son únicas, non só pola súa infrecuente beleza, gradación de cor e formas excepcionais, senón tamén polo enxeño co que atraen ós insectos. O seu labelo imita neste caso ó abdome dunha abella femia xa que esta planta está especializada en atraer a abellas macho para que polinicen a flor. Adoitan ser polinizadas por abellas do xénero Eucera na rexión do Mediterráneo, pero en rexións máis boreais ás veces son autopolinizadas.

Variedades de Ophrys apiferaEditar

Híbridos naturais con Ophrys apiferaEditar

SinonimiaEditar

 
Ophrys apifera

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
  2. Sinónimos en Orchidspecies

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar