Abrir o menú principal
Soldados arxentinos en Stanley.

A Operación Rosario (anteriormente Operación Azul) foi a primeira das operacións tácticas programadas pola Arxentina co obxectivo de retomar o control da capital das illas Malvinas, Stanley, que posteriormente se chamou Porto Arxentino. A Operación Rosario consistía nunha serie de accións de intensidade crecente encamiñadas á recuperación arxentina das illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur, que se conseguirían en sentido inverso (de Leste a Oeste e de menor a maior relevancia política), iniciándose da maneira máis discreta posible e culminando coa toma do arquipélago das Illas Malvinas e da súa capital, mediante un asalto directo, pero sen causar baixas ó inimigo para evitar unha futura reacción militar británica.

O 30 de marzo de 1982 a Xunta militar ordenou a posta en marcha do operativo, fixando como data de execución o 1 de abril. Os efectivos que terían ó seu cargo a execución deste plan eran a Frota de Mar, a Aviación Naval e o 2° Batallón de Infantaría de Mariña da Armada Arxentina; o Rexemento de Infantaría 25 do Exército Arxentino e avións C-130 Hércules da Forza Aérea Arxentina, baixo o mando do Almirante Carlos Büsser.

A capital colonial Stanley, rebautizada tras a recuperación Porto Arxentino, estaba defendida por un destacamento dun setenta infantes de mariña ademais de polo menos 25 milicianos da Falkland Defence Force; a toma levouse a cabo rápida e efectivamente, aínda que un dos oficiais que lideraban as tropas, o capitán de corveta Pedro Edgardo Giachino, foi a única baixa mortal do enfrontamento.

Os británicos rendéronse oficialmente ás 9:30 a. m., logo de tres horas de esporádicos combates, que tiveron lugar especialmente ó redor da casa de goberno das illas. A intención da Arxentina era estabelecer rapidamente unha mellor comunicación aérea e marítima entre as illas e o continente, para facilitar o envío de tropas que reforzasen a defensa e así disuadir ó Reino Unido de ulteriores accións. O gobernador colonial das illas, Rex Hunt, e os prisioneiros militares foron inmediatamente repatriados ó Reino Unido por vía aérea.

Paralelamente, outras forzas levaban a cabo a chamada Operación Georgias, destinada á recuperación dos portos Grytviken e Leith, nas illas Georgias do Sur. Como resposta, o goberno británico lanzou a Operación Corporate, comandada conxuntamente polo almirante John Woodward e o xeneral Jeremy Moore.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Anderson, Duncan (2002). Osprey Publisher, ed. The Falklands War 1982. Osprey Essential Histories. ISBN 1-84176-422-1. 
  • Andrada, Benigno Héctor (1983). Emecé editores, ed. Guerra aérea en las Malvinas (en castelán). ISBN 978-950-04-0191-3. 
  • Barker, Nick (2001). Beyond Endurance: An Epic of Whitehall and the South Atlantic Conflict. Pen & Sword. ISBN 0850528798.