Only Revolutions é o quinto álbum de estudio da banda escocesa de rock alternativo Biffy Clyro, editado o 9 de novembro do 2009 polo selo 14th Floor Records. Como o seu predeceseor, Puzzle, o álbum foi producido por Garth Richardson. Despois do seu lanzamento, Only Revolutions foi un éxito comercial e de crítica. O disco acadou o número 8 da lista británica de álbums e foi certificado ouro pouco despois. En xuño do 2010 conseguiu o platino ao vender 300.000 copias no Reino Unido, converténdose no álbum máis vendido da banda. No mes de setembro o álbum acadaría o número 3. Foi nomeado ao Mercury Prize, que premia ao mellor álbum no Reino Unido ou Irlanda, e Rock Sound declarouno o 3º mellor na súa lista dos 75 mellores álbum do ano 2009.

Only Revolutions
Álbum de Biffy Clyro
Estudio(s)Ocean Way Recording, en Hollywood, California
Duración42:49
Xénero(s)rock alternativo, new prog
Selo(s)14th Floor
Producido porGarth "GGGarth" Richardson
Cronoloxía
Singles 2001–2005 Only Revolutions -

Listaxe de cancións editar

Todas as letras foron escritas por Simon Neil e a música foi composta por Biffy Clyro.

  1. "The Captain" - 3:43
  2. "That Golden Rule" - 3:49
  3. "Bubbles" - 5:01
  4. "God & Satan" - 3:09
  5. "Born on a Horse" - 2:49
  6. "Mountains" - 3:21
  7. "Shock Shock" - 3:03
  8. "Many of Horror" - 4:18
  9. "Booooom, Blast & Ruin" - 3:16
  10. "Cloud of Stink" - 2:55
  11. "Know Your Quarry" - 3:29
  12. "Whorses" - 3:55