One Tree Hill (volcán)
One Tree Hill é un monte volcánico de 182 metros situado en Auckland, Nova Zelandia. Deu nome ó suburbio da cidade que medrou arredor da súa aba, o volcán coñécese en maorí como Maungakiekie. O lugar e os seus arredores eran o lugar de residencia da tribo dos Wai ou Hua polo menos desde o 1700. No cumio encóntrase a tumba de John Logan Campbell culminada por un obelisco. Xa non está a totara (árbore sagrada maorí) que un colono inglés queimou en 1852 nin as árbores que se plantaron para substituílo.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |