Onde está Wally?

Onde está Wally? (en inglés: Where's Wally?) é unha serie series de libros infantís creada polo ilustrados inglés Martin Handford. Os libros consisten en ilustracións de dobre páxina que representan a ducias de persoas facendo unha gran variedade de cousas nun lugar concreto. Os lectores son retados a atopar a personaxe de Wally agochado. Os distintivos lentes, camiseta e gorro a raias de Wally permiten recoñecelo facilmente, pero as ilustracións conteñen moitas distraccións e obxectos a raias en branco e vermello. Segundo foron avanzando as publicacións, fóronse engadindo outros obxectivos que atopar nas ilustracións.[1] Os libros inspiraron unha serie de televisión, banda deseñada e videoxogos.

Onde está Wally?
Título orixinalWhere's Wally?
Autor/aMartin Handford
OrixeReino Unido Reino Unido
Linguainglés
Xénero(s)Literatura infantil
EditorialWalker Books
Data de pub.1987-presente
FormatoImpreso (tapas duras e brandas)
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Antonio García Teijeiro en 1991.[2]

Notas editar

  1. Duckett, Jodi (26 de novembro de 1997). LA Times, ed. "Waldo's World". Consultado o 23 de agosto de 2010. 
  2. Proxecto Meiga (ed.). "¿ Onde está Wally? / Martin Handford ; [tradución ó galego Antonio García Teijeiro]". Consultado o 29 de novembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar