Once Upon a Time in Hollywood

filme de 2019 dirixido por Quentin Tarantino
(Redirección desde «Once Upon A Time in Hollywood»)

Once Upon a Time in Hollywood é un filme de 2019 escrito e dirixido por Quentin Tarantino. Producido por Columbia Pictures, Bona Film Group, Heyday Films, e Visiona Romantica e distribuído por Sony Pictures Releasing, é unha coprodución entre os Estados Unidos, o Reino Unido e a China. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Brad Pitt e Margot Robbie. Ambientado en 1969 nos Ánxeles, o filme conta a historia dun actor e o seu dobre de acción, e contén diferentes liñas argumentais como un tributo ós momentos finais da idade dourada de Hollywood.[5][6][7]

Once Upon a Time in Hollywood
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalOnce Upon a Time in Hollywood
DirectorQuentin Tarantino
Produtor
GuiónQuentin Tarantino
Intérpretes
FotografíaRobert Richardson
MontaxeFred Raskin
Estudio
DistribuidoraSony Pictures Releasing
EstreaFestival de Cannes: 21 de maio de 2019
26 de xullo de 2019
Duración161 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
China[2]
XéneroDrama, suspense e crime
Orzamento90–96 millóns de dólares[3]
Recadación374,3 millóns de dólares[4]
Filme anteriorThe Hateful Eight
Na rede
https://www.onceuponatimeinhollywood.movie
IMDB: tt7131622 Filmaffinity: 169177 Allocine: 257482 Rottentomatoes: m/once_upon_a_time_in_hollywood Mojo: untitledtarantino Allmovie: v701895 TCM: 2161921 Metacritic: movie/once-upon-a-time-in-hollywood TV.com: movies/once-upon-a-time-in-hollywood
Facebook: OnceInHollywood Twitter: OnceInHollywood Instagram: onceinhollywood Netlix: 81064867Editar o valor em Wikidata

Once Upon a Time in Hollywood estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 21 de maio de 2019, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 26 de xullo de 2019, e no Reino Unido o 14 de agosto. O filme recadou 374 millóns de dólares en todo o mundo e recibiu a aclamación da crítica polo guión, dirección, actuación, fotografía, deseño de vestiario, produción e banda sonora. Entre os diferentes premios, foi escollido polo American Film Institute e o National Board of Review como un dos mellores dez filmes do ano. Recibiu dez nomeamentos na 92ª edición dos Óscar, incluíndo mellor filme, e gañou os premios de mellor actor secundario (Pitt) e mellor deseño de produción. Tamén gañou o Globo de Ouro ó mellor filme de comedia ou musical.

Sinopse editar

O filme céntrase no panorama cambiante de Hollywood a finais dos anos 60, cando a industria empezaba a esquecerse dos piares clásicos. Unha estrela dun western televisivo chamada Rick Dalton (DiCaprio) intenta amoldarse a estes cambios ao mesmo tempo que o seu dobre Cliff Booth (Pitt). Porén, a vida de Dalton parece que está ligada a sus raíces de Hollywood: é veciño da actriz e modelo Sharon Tate (Robbie).

Elenco editar

Notas editar

  1. "ONCE UPON A TIME IN HOLLYWOOD (18)". British Board of Film Classification. 11 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  2. British Film Institute (ed.). "Once Upon a Time… in Hollywood (2019)". Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  3. D'Alessandro, Anthony (27 de xullo de 2019). "Hooray For 'Hollywood': Quentin Tarantino Sees His Biggest B.O. Opening Of All-Time With $40M+ As 'Lion King' Still Lords With $76M+ – Sunday Update". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2019. Consultado o 27 de xullo de 2019. 
  4. IMDb (ed.). "Once Upon a Time in Hollywood (2019)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  5. Once Upon a Time In... Hollywood (ed.). "Once Upon a Time In... Hollywood Movie Synopsis | Official Website | Sony Pictures". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2019. Consultado o 22 de marzo de 2019. 
  6. Olson, Matthew. "Does Quentin Tarantino's 'Once Upon A Time In Hollywood' Live Up To The Hype? Here's What Critics Say". Digg.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2019. Consultado o 25 de xullo de 2019. 
  7. Sperling, Nicole (17 de novembro de 2017). "Quentin Tarantino Is Ditching Weinstein for Sony". Vanity Fair. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2018. Consultado o 18 de xuño de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar