Omron (en xaponés オムロン株式会社, Omuron Kabushiki-gaisha, en inglés OMRON Corporation) é unha empresa xaponesa de electrónica con sede en Kyoto.

OMRON ltd
Sensing tomorrow

Sede de Omron en Kyoto
TipoPública
Fundación1933
LocalizaciónShimogyo-ku, Kyoto Xapón
FundadorKazuma Tateisi
Persoas claveHisao Sakuta (Presidente)
IndustriaElectrónica
ProdutosElectrónica
Electrónica industrial
Equipamento médico
Número de empregados36.299 (31 de marzo de 2010)
Na rede
https://www.omron.co.jp
Facebook: omroncorp Twitter: omron_official Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Calculadora Omron 8P (1976)
 
Exemplo de aplicación automatizada cun PLC de Omron en Nemo, Amsterdam.

Omron foi fundada por Kazuma Tateishi(立石一真) en 1933. En 1932 Kazuma Tateishi desenvolveu o primeiro relé temporizado para aplicación en máquinas de Raios X no Nissei Hospital de Osaka, Xapón. Nese momento nacía Omron Corporation en Kyoto.

Datas editar

  • Maio de 1933 Tateisi Electric Manufacturing Co. estableceuse en Osaka, Para a produción de raios X fabricando temporizadores.
  • Xuño 1945, a produción trasladouse a Kyoto a fábrica principal. A de Osaka foi destruída polo lume durante a Segunda Guerra Mundial.
  • Maio de 1948, o nome da empresa cambiou a Tateisi Electronics Co., Kazuma Tateisi asumíu o papel de presidente.
  • Xaneiro de 1959, estableceuse na sociedade o lema "OMRON" como marca.
  • Febreiro de 1960, creou o primeiro interruptor sen contacto (de estado sólido) do mundo.
  • Outubro de 1960, o laboratorio central de investigación e desenvolvemento en Nagaokakyo, Kyoto.
  • Abril de 1964 creación do primeiro sinal de tráfico automatizado do mundo.
  • Marzo de 1967 primera estación de tren non tripulado do mundo.
  • Novembro de 1968, Tateisi OMRON Electronics Co. estableceuse como nome oficial en Inglés da compañía.
  • Xuño de 1971 Primeiro caixeiro automático do mundo.
  • Febreiro de 1972 Taiyo OMRON Electronics Co., primeira fábrica do Xapón para os traballadores con discapacidade, establecido conxuntamente con Japan Sun Industries.
  • En 1983, sae á venda o termómetro Ken-on-kun.
  • Abril de 1986 Ayabe Factory estableceuse en Ayabe, Kyoto. En América do Norte creouse o Centro de Xestión rexional nos Estados Unidos (Centro de Xestión de OMRON of America, Inc.).
  • Setembro de 1988, estableceuse o centro europeo de xestión rexional nos Países Baixos (OMRON Europe BV).
  • Outubro de 1988 estableceuse a xestión Asia Pacífico en Singapur (Asia Pacific Pte. OMRON. Ltd.).
  • Xaneiro de 1990 o nome da empresa cambiou a OMRON Corporation.
  • Maio de 1994 Estableceuse o centro rexional de Gran China en Beijing, China (OMRON (China) Co., Ltd.) Conseguindo a fase completa de abandono dos CFC (gas freón).
  • 1995 desenvolvido o sistema de alarma a distancia de vehículos a motor.
  • 1998 desenvolvemento dunha máquina capaz de identificar os billetes falsos en diversas moedas.
  • Abril de 1999 estableceuse o sistema interno da compañía para separar a supervisión da xestión e as operacións comercias. A fábrica Mishima logra emisións cero.
  • Maio de 2003 Global R&D hub "Keihanna Innovation Center" estableceuse en Soraku-gun, Kyoto.
  • Xuño de 2003 Yoshio Tateisi convértese en presidente, Hisao Sakuta é nomeado Presidente e CEO.
  • Maio de 2004 Tecnoloxía de recoñecemento facial para teléfonos móbiles.
  • Maio de 2006 Establécense os Principios OMRON. Deseño global, centro de produción para dispositivos de control inicial de operacións en Shanghai, China.
  • Marzo de 2007 OMRON negocios de seguridade (protección de máquinas).

Omron está presente en 34 países, con 161 unidades, ten plantas industriais nas áreas de Automoción Industrial, Compoñentes Electrónicos, Equipamentos Médicos, Sistemas Sociais e Automatización.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar