Omayra Sánchez Garzón, nada o 28 de agosto de 1972 e finada o 16 de novembro de 1985, era unha moza colombiana que morreu na traxedia de Armero, ocorrida no departamento de Tolima pola erupción do volcán Nevado del Ruiz cando tiña 13 anos. Os cascallos volcánicos mesturados co xeo formaron lahares masivos que correron polos vales do río montaña abaixo, matando case 23.000 persoas e destruíndo Armero e outras 13 aldeas.

Infotaula de personaOmayra Sánchez
Biografía
Nacemento(es) Omayra Sánchez Garzón Editar o valor em Wikidata
28 de agosto de 1972
Colombia
Morte16 de novembro de 1985 (13 anos)
Armero, Colombia
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Erupción volcánica Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadecolombiana
Actividade
Ocupaciónestudante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 25250364 Editar o valor em Wikidata

Despois de que un lahar derrubase a súa casa, Sánchez quedou atrapada polos cascallos e permaneceu cuberta pola auga durante tres días. A súa situación documentouse a medida que descendía da calma á agonía. A súa coraxe e dignidade afectaron a xornalistas e traballadores de socorro, quen puxeron grandes esforzos en rescatala e reconfortala. Despois de 60 horas de loita, morreu, probablemente como resultado de gangrena ou hipotermia. A súa morte puxo de manifesto o fracaso dos funcionarios para responder como era preciso á ameaza do volcán, unha imaxe que contrastaba cos esforzos dos traballadores voluntarios para chegar e axudar ás vítimas atrapadas, malia os equipos inadecuados cos que contaban.

Unha fotografía de Sánchez tomado polo fotoxornalista Frank Fournier pouco antes de morrer foi publicada nos xornais de todo o mundo. Máis tarde foi considerada como a Foto da Prensa Mundial do Ano 1986. Sánchez permaneceu como unha figura duradeira na cultura popular, lembrada na música, na literatura, e en artigos conmemorativos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar