Olivetti é unha empresa de tecnoloxía electrónica e informática do grupo Telecom Italia dende 2003.

Olivetti S.p.A.
Futuro si scrive con la O

Sede de Olivetti en Ivrea.
TipoSociedade Anónima
Fundación29 de outubro de 1908
MatrizTelecom Italia
LocalizaciónIvrea, Turín Italia Italia
FundadorCamillo Olivetti
Persoas clavePatrizia Grieco (Presidenta)
Cinzia Sternini (CEO)
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosElectrónica, informática, calculadoras, fotocopiadoras, impresoras, fax.
Beneficio279 milllóns de € (2012)
Número de empregados778 (2012)[1]
Na rede
https://www.olivetti.com/
Facebook: Olivetti Twitter: OlivettiOnline Instagram: olivettionline LinkedIn: olivetti Youtube: UCEn_AlqI_0KvvGz0m8pPh7A BNE: XX125574 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Monumento a Camilo Olivetti en Ivrea.
 
M1 Olivetti.

Camilo Olivetti nado en 1868 en Ivrea preto dos Alpes italianos. Con 23 anos ten o título de enxeñeiro en Turín. Dous anos despois viaxa por primeira vez aos Estados Unidos. Alí visita algunhas grandes industrias e coñece a Edison. Un ano e medio despois regresa a Ivrea. Con 27 anos establece unha pequena empresa para fabricar equipos eléctricos de medición.

Na súa segunda viaxe aos Estados Unidos visita as fábricas de Underwood, Royal e Remington. En Underwood fabricaban 70.000 máquinas de escribir ao ano. Alí adquire os coñecementos, a tecnoloxía e a xestión da empresa americana.

O 29 de outubro de 1908 Camillo Olivetti fundou en Ivrea a Ing. C. Olivetti & C.S.p.A. A empresa tiña entón 20 empregados e unha superficie de 500 metros cadrados. A produción era de 20 máquinas á semana.

O primeiro modelo de máquina de escribir fabricada por Olivetti foi a M1, presentada en 1911 na Exposición Universal de Torino. A M1 diferénciase dos modelos americanos pola súa liña sinxela e elegante. É de mecanismos novos, sinxelos e rápidos. A publicidade véndea como: Máquina de escribir de primeiro grao, deseño orixinal, boa visibilidade de escritura, teclado estándar, escritura bicolor, tabulación decimal, tecla de retorno de carro, marxes, fabricación moderna e precisa. En 1913 a empresa xa tiña 110 empregados. En 1915, Italia entra en guerra contra Austria. Olivetti converte parte da fábrica para a produción bélica. En 1920 presenta na M20. A fábrica xa ampliada en 1922 saca 2.000 máquinas de escribir grazas sobre todo á reorganización do traballo e á introdución da cadea de montaxe. Crean entón o seu primeiro centro de asistencia técnica a clientes. Adriano Olivetti, fillo de Camilo comeza a traballar na fábrica na mellora dos procesos de produción e en 1928 crea o servizo de publicidade que dirixe el mesmo coa colaboración de importantes artistas e mestres do deseño.

 
P 101

A empresa medrou rapidamente ampliando e diversificando a oferta. Pasando a ter presenza comercial en Europa e no resto do mundo. Olivetti abriu delegación en Barcelona en 1929 co nome de Hispano Olivetti. En 1932 morre Domenico Burzio que dende a fundación da empresa traballou nela, créase a fundación que leva o seu nome para asistir aos traballadores e garantir seguridade social. A empresa amplía a gama de produtos co teletipo T1 e a sumadora MC4S. En 1938 Camilo Olivetti xa con 70 anos deixa a presidencia da empresa ao seu fillo Adriano de 37 anos. En 1943 a fábrica de Ivrea pasa a ser a sede do Comité de Liberación Nacional para a loita contra o nazismo e o fascismo. O 4 de decembro de 1943 morre aos 75 anos de idade o fundador da empresa Camilo Olivetti. Na segunda guerra mundial e na loita pola liberación de Italia morren moitos dos empregados de Olivetti. Os nazis tentan destruír a fábrica. Lémbrao unha lápida na porta da fábrica. En 1956 Adriano será elixido alcalde de Ivrea e deputado en 1958, foi fundador do Movemento Liberal e un activo anti-fascista. En 1959 Olivetti merca Underwood que tiña entón 11.000 empregados. En 1960 morre Adriano Olivetti nun accidente de tren. Os problemas financeiros fan que a división electrónica de Olivetti véndase a General Electric, Fiat e Pirelli. En 1962 sacan ao mercado a primeira calculadora programable do mundo: a P101. Proxecto desenvolvido ás agachadas polos técnicos xa que a empresa non tiña división electrónica. A P101 foi empregada pola Nasa o exército americano e múltiples empresas americanas. En 1970 Olivetti entra no negocio da maquinaria por Control Numérico (CNC). En 1982 Olivetti fabrica o primeiro ordenador europeo. A finais dos anos 1980 Olivetti é unha das dez primeiras empresas mundiais de informática. Nos anos 1990 a entrada da competencia asiática e as baixas marxes fan que abandone este negocio. En 2003 a empresa é mercada por Telecom Italia.

Hispano Olivetti

editar
 
Studio 46 de Hispano Olivetti.

O 22 de xaneiro de 1929 créase por iniciativa do enxeñeiro catalán Julio Capará en Barcelona a Sociedade Anónima Hispano Olivetti. Despois da Guerra Civil a empresa absorbe a empresa La Rápida, que fabricaba máquinas de escribir e de coser. En 1940 a empresa merca un soar de 10.000 metros cadrados no número 866 da Gran Vía. O edificio inaugúrase en 1942. Durante a posguerra a empresa medra rapidamente. Hispano Olivetti ao ser unha filial dunha empresa italiana foi favorecida polo réxime. Tiña soporte técnico de seu e unha posición de monopolio no mercado. En 1963 a empresa chega a ter 3.200 traballadores e era o centro máis importante do mundo cunha produción de 600.000 máquinas de escribir ao ano. A empresa chegaría a ser un dos exemplos do desarrollismo español. A empresa tiña comedores para os traballadores, servizo de gardería, vacacións para os fillos dos traballadores e múltiples actividades e servizos. A primeiros dos anos 1980 chega a informática persoal sendo as máquinas de escribir cada vez menos empregadas. A empresa comezou con reducións de cadro de persoal ata o peche en 1992 da vella fábrica abrindo unha planta de produción de produtos informáticos no Parc Tecnológic de Cerdanyola del Vallès. En 1997 cedeu o material cultural ao Arquivo Histórico de Cataluña.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar