Oliverio Girondo

escritor arxentino

Oliverio Girondo, nado en Buenos Aires o 17 de agosto de 1891 e finado na mesma cidade o 24 de xaneiro de 1967, foi un poeta arxentino.

Modelo:BiografíaOliverio Girondo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1891 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xaneiro de 1967 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério da Recoleta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Libre de Segunda Enseñanza (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNorah Lange (1933–1967) Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX908861 Dialnet: 2176378 Find a Grave: 7270656 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu no seo dunha familia acomodada, o cal lle permitiu desde pícaro viaxar a Europa e estudar en París e en Inglaterra. Escribiu e publicou desde moi novo.

Participou en revistas ultraístas como a Pro, Prisma ou Martín Fierro, nas que tamén escribiron Jorge Luis Borges, Raúl González Tuñón, Macedonio Fernández ou Leopoldo Marechal, pertencendo a meirande parte destes ao Grupo de Florida, que se caracterizaba polo seu estilo elitista e vangardista, sinais de identidade opostas ás do Grupo Boedo.

Girondo foi un dos impulsores principais do movemento ultraísta, exercendo unha influencia notábel sobre poetas das xeracións posteriores, entre eles, por exemplo, o surrealista Enrique Molina, con quen traduciu Una temporada en el infierno, de Arthur Rimbaud.

Os seus primeiros poemas, desbordantes de cor e ironía, van máis lonxe do simple apuntamento pintoresco e constitúen unha exaltación do cosmopolitismo e da nova vida urbana. Supoñen amais unha crítica aos costumes imperantes.

En 1926, durante un xantar organizado en honor a Ricardo Güiraldes, coñeceu a Norah Lange, poetisa coa que casou en 1943 e coa que emprendería numerosas viaxes tanto a Europa como a América Latina.

Desde 1934 comezou a trabar amizade con Pablo Neruda e Federico García Lorca, quen daquela paraba en Buenos Aires. A partir de 1950 comezou tamén a pintar con trazos surrealistas, aínda que os seus cadros nunca serían expostos.

O seu derradeiro libro, "En la masmédula" (1957), é un desesperado intento de expresión absoluta, rompendo as regras do idioma. Enrique Molina sinalou o seguinte: "Incluso a estrutura mesma da linguaxe sofre o impacto da enerxía poética desencadeada neste libro senlleiro. Até tal punto que as verbas como tales deixan de separarse individualmente para se fundir en grupos, noutras unidades máis complexas, sorte de superpalabras con significacións múltiples e polivalentes, que proceden tanto do seu sentido semántico como das asociacións fonéticas". Algúns críticos relacionaron este último xesto vangardista de Girondo cun libro igualmente desesperado, construtor e destrutor do sentido: "Trilce", do peruano César Vallejo.

En 1961 sufriu un accidente de gravidade que o habería deixar imposibilitado fisicamente até a súa morte.

 
Girondo cando mozo
  • Veinte poemas para leer en el tranvía (1922)
  • Calcomanías (1925)
  • Espantapájaros (1932)
  • Interlunio (relato, 1937)
  • Persuasión de los días (1942)
  • Campo nuestro (1946)
  • En la masmédula (1953)

Poesía

editar

O seu primeiro libro, Veinte poemas para leer en un tranvía está composto de retallos das cidades que o autor fora visitando nas súas viaxes. Cidades tal que Toledo ou Río de Xaneiro. Ao respecto desta última o arxentino discorreu o seguinte poema, que é boa mostra das trazas que caracterizan a súa poesía de vangarda:

La ciudad imita en cartón, una ciudad de pórfido.

Caravanas de montañas acampan en los alrededores.
El Pan de Azúcar basta para almibarar toda la bahía...
El Pan de Azúcar y su alambre carril, que perderá el equilibrio por no usar una sombrilla de papel.
Con sus caras pintarajeadas, los edificios saltan unos encima de otros y cuando están arriba,
ponen el lomo, para que las palmeras les den un golpe de plumero en la azotea.
El sol ablanda el asfalto y las nalgas de las mujeres, madura las peras de la electricidad, sufre
un crepúsculo, en los botones de ópalo que los hombres usan hasta para abrocharse la bragueta.

Siete veces al día se riegan las calles con agua de jazmín!

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar