Olga Louzao
política galega
María Olga Louzao Aldariz, nada en Lugo en 1979,[1] é unha política galega, voceira de Ciudadanos en Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979 (44/45 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía |
Traxectoria
editarLicenciouse en ciencias políticas e da administración pola Universidade de Santiago de Compostela en 2002 e logo traballou nun banco ata 2014. Dende 2015 é mediadora de seguros. Encabezou a lista de Ciudadanos ao concello de Lugo nas eleccións municipais de 2015, logrando acta de concelleira. Foi voceira de Ciudadanos en Galicia durante unhas semanas entre decembro de 2015 e xaneiro de 2016[2] e de novo dende xullo de 2017[3].
Notas
editar- ↑ "«Nuestro programa electoral quedará terminado entre esta semana y la siguiente»". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de febreiro de 2015. Consultado o 29 de abril de 2019.
- ↑ "Ciudadanos xa ten líder en Galicia". Galicia Confidencial. 17 de decembro de 2017.
- ↑ "Olga Louzao, nomeada voceira autonómica de Cidadáns". Xornal de Lugo. 24 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 14 de setembro de 2018.