Olga Ladyzhenskaya

matemática rusa

Olga Aleksándrovna Ladýzhenskaya (en ruso: Óльга Алексáндровн Лады́женская), nada en Kologriv (RSFS de Rusia) o 7 de marzo de 1922 e finada en San Petersburgo (Rusia), o 12 de xaneiro de 2004, foi unha matemática rusa coñecida polo seu traballo en ecuacións diferenciais parciais (especialmente no décimo noveno problema de Hilbert) e dinámica de fluídos.[1]

Infotaula de personaOlga Ladyzhenskaya

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Óльга Алекса́ндровна Лады́женская Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Ольга Александровна Ладыженская Editar o valor em Wikidata
7 de marzo de 1922 Editar o valor em Wikidata
Kologriv (República Socialista Soviética Federativa de Rusia) Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xaneiro de 2004 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Komarovo (pt) Traducir 60°12′17″N 29°47′57″L / 60.2047, 29.7992 Editar o valor em Wikidata
Presidente Saint Petersburg Mathematical Society (en) Traducir
1990 – 1998
← Dmitry Konstantinovich Faddeev (pt) TraducirAnatoly Vershik (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Petersburgo (1947–1949)
MSU Faculty of Mechanics and Mathematics (en) Traducir (1943–1947)
Leningrad State Pedagogical Institute M.N. Pokrovsky (en) Traducir (1939–1941) Editar o valor em Wikidata
Tese académicaSolution of the Cauchy problem for hyperbolic systems by the method of finite differences (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1949 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseIvan Petrovsky (pt) Traducir e Serguéi Lvovich Soboliev Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEcuación en derivadas parciais, teoria de equações diferenciais (pt) Traducir e análise matemática Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemática , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSt. Petersburg Department of Steklov Institute of Mathematics of Russian Academy of Sciences (en) Traducir (1954–2000)
Universidade Estatal de San Petersburgo (1949–2004) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoLudvig Faddeev (pt) Traducir, Vladimir Buslaev (pt) Traducir, Lev Kapitanski (en) Traducir, Victor Isaacovich Shubov (en) Traducir, Varga K. Kalantarov (en) Traducir, Anatolii Petrovich Oskolkov (en) Traducir, Alexander L'vovich Treskunov (en) Traducir, Fedor Vladimirovich Andreev (en) Traducir, Aleksander Vasil'evich Ivanov (en) Traducir, Valerii Yakovlevich Rivkind (en) Traducir, Kirill Kapitonovicn Golovkin (en) Traducir, L. Stupyalis (en) Traducir, Marek Burnat (en) Traducir, Vsevolod A. Solonnikov (en) Traducir e Nina Uraltseva (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesGennady Ladyzhensky (pt) Traducir (avó) Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 95351312 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ladýzhenskaya naceu en Kologriv, Gobernación de Kostromá, onde o seu pai, Aleksandr Ivánovich Ladýzhenski, era profesor de matemáticas. Pertencentes a unha familia da baixa nobreza rural, Aleksandr Ladýzhenski foi deportado e arrestado polo réxime de Stalin en 1937; en xuízo sumarísimo, foi declarado «inimigo do pobo» e condenado á morte.[2] As dúas irmás de Olga foron expulsadas da escola, pero a Olga permitíuselle terminar os seus estudos.

A pesar diso, Olga tivo problemas para continuar coa súa formación, xa que era a filla dun «inimigo do pobo». En 1939, obtivo excelentes resultados nos exames de ingreso na Universidade de Leningrado; con todo, non foi admitida. Tras un breve período na Escola Normal de Leningrado (1939-1941), volveu á súa cidade natal, onde ensinou matemáticas na mesma escola en que ensinara o seu pai. Admitida finalmente en 1943 na Universidade de Moscova, grazas á intervención persoal da nai dunha alumna, iniciou os seus estudos de matemáticas. En 1947 casou con Andréi Alekséievich Kiseliov, matemático e historiador das matemáticas, e tamén profesor na Universidade de Leningrado.

En 1951 completara a súa tese; con todo, non puido defendela até pasada a morte de Stalin, en 1953. Finalmente, en 1954 foi nomeada profesora titular da Universidade de Leningrado e en 1961, directora do Laboratorio de Física Matemática do Departamento de San Petersburgo do Instituto de Matemáticas Steklov. Foi, así mesmo, presidenta da Sociedade Matemática de San Petersburgo e membro de número da Academia de Ciencias de Rusia.[3]

Mantivo unha estreita amizade con Aleksandr Solzhenitsyn e coa poeta Anna Akhmatova, o que lle carrexou inimizades coas autoridades soviéticas.[4]

Contribucións editar

Olga Ladýzhenskaya escribiu máis de 250 traballos sobre matemáticas. A súa obra cobre un amplo espectro de temas, desde as ecuacións diferenciais parciais, pasando polas ecuacións hiperbólicas, até as ecuacións diferenciais xeradas por funcións simétricas dos valores propios (eigenvalues) hessianos. Tamén se interesou pola unicidade na converxencia das series de Fourier, ou solucións mediante a aproximación por diferenzas finitas. Desenvolveu o tratamento funcional analítico de problemas non lineais estacionarios mediante a teoría de graos de Leray-Schauder.

Os seus estudos sobre ecuacións diferenciais e ecuacións de Navier-Stokes, contribuíron enormemente ao desenvolvemento das investigacións noutros campos científicos, entre os que cabe destacar o dos prognósticos meteorolóxicos, a aerodinámica, a oceanografía e a medicina cardiovascular.

Obra editar

  • Ladyzhenskaya, O. A. (1969) [1963], The Mathematical Theory of Viscous Incompressible Flow, Mathematics and Its Applications 2 (Segunda edición revisada), Nova York–Londres–París–Montreux–Tokio–Melbourne: Gordon and Breach, pp. XVIII+224, MR 0254401, Zbl 0184.52603.
  • Ladyženskaja, O. A.; Solonnikov, V. A.; Ural'ceva, N. N. (1968), Linear and quasi-linear equations of parabolic type, Translations of Mathematical Monographs 23, Providence, Rhode Island: American Mathematical Society, pp. XI+648, MR 0241821, Zbl 0174.15403.
  • Ladyzhenskaya, Olga A.; Ural'tseva, Nina N. (1968), Linear and Quasilinear Elliptic Equations, Mathematics in Science and Engineering 46, Nova York e Londres: Academic Press, pp. XVIII+495, MR 0244627, Zbl 0164.13002.
  • Ladyzhenskaya, O. A. (1985), The Boundary Value Problems of Mathematical Physics, Applied Mathematical Sciences 49, Berlín–Heidelberg–Nova York: Springer Verlag, pp. XXX+322, ISBN 0-521-39922-X, MR 0793735, Zbl 0588.35003 (Traducido por Jack Lohwater).
  • Ladyzhenskaya, O. A. (1991), Attractors for Semigroups and Evolution Equations, Lezioni Lincee, Cambridge: Cambridge University Press, pp. xi+73, MR 1133627, Zbl 0755.47049

Notas editar

  1. "Las ecuaciones de Olga Ladýzhenskaya - Principia" (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  2. López, Alberto (7 de marzo de 2019). "Olga Ladyzhenskaya, la investigadora que sorteó la tragedia gracias a las ecuaciones". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 7 de marzo de 2019. 
  3. Olga Alexandrovna Ladyzhenskaya, 8 décembre 2010 (libro en línea Olga Ladýzhenskaya). Una biografía en Biografías de Mujeres Matemáticas Agnes Scott Archive, Agnes Scott College.
  4. "Olga Aleksándrovna Ladýzhenskaya: las matemáticas y la meteorología se dan la mano" (en castelán). 2019-03-07. Consultado o 2020-10-13. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar