Olayinka Koso-Thomas

médica nixeriana

Olayinka Koso-Thomas, nada en Abeokuta en 1937 é unha médica xinecóloga e activista social nixeriana.

Olayinka Koso-Thomas
Nacemento1937
Lugar de nacementoNixeria
NacionalidadeNixeria
Ocupaciónmédica
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional e doutor honoris causa pola Universidade Nacional Autónoma de México
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Koso-Thomas naceu en Nixeria, mais adoptou Serra Leoa como lugar de residencia. Estudou medicina na Leeds Medical School en Inglaterra e un curso de posgraduado na Universidade de Berkeley.

Traballa en favor da abolición da mutilación xenital femenina ou ablación de clítoris, o que provocou que estea ameazada de morte por diversos grupos de fanáticos relixiosos. Membro de diferentes asociacións médicas, presidiu o Comité Interafricano sobre as Prácticas Tradicionais que afectan a saúde das mulleres e da infancia.[1]

En 1998 foi galardoada co Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional xunto con Fatiha Boudiaf, Rigoberta Menchú, Fatana Ishaq Gailani, Somaly Mam, Emma Bonino e Graça Machel polo "seu traballo en defensa e pola dignidade da muller".[2]

Recibiu o título de Doutora Honoris Causa pola UNAM.[3]

Notas Editar

  1. CEIPAZ. "OLAYINKA KOSO-THOMAS". 1325mujerestejiendolapaz.org. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  2. Nogueira, Charo (6 de abril de 2012). ""Si la tradición no es buena, hay que cambiarla"". El País (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2020. 
  3. Gómez-Robledo, Marina (7 de agosto de 2015). ""Es imposible describir el horror de la mutilación genital femenina"". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 4 de xuño de 2020. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar