Olalla Vázquez

investigadora e catedrática galega

Olalla Vázquez Vázquez, nada en Chantada o 3 de setembro de 1981, é unha científica galega.[1][2]

Infotaula de personaOlalla Vázquez
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Chantada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Gregory L. Verdine (pt) Traducir
Universidade Harvard
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora , profesora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: olalla.vazquez.5 Twitter: OlallaLab Dialnet: 4268657 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aínda que nada en Chantada, terra de seus pais, aos 4 anos xa foi para Pontevedra e estudou secundaria no IES Valle-Inclán.[3] Licenciouse en Química pola Universidade de Santiago de Compostela en 2004. En 2005 recibiu unha bolsa FPU de doutoramento do Ministerio de Educación e Ciencia español. Para o seu doutoramento, traballou en miméticos sintéticos das proteínas, factores de transcrición e sondas fluorescentes para o recoñecemento de ADN dirixida por José Luis Mascareñas e Eugenio Vázquez. Realizou dúas estadías como estudante visitante na Universidade de Harvard, co profesor Gregory L. Verdine (2006) e na Humboldt Universität de Berlin, co profesor Oliver Seitz (2008). En 2010 defendeu a súa tese de doutoramento, obtendo Summa cum laude.[4]

Conseguiu a bolsa de investigación posdoutoral Marie Curie e regresou ao laboratorio do profesor Oliver Seitz, traballando sobre as posibilidades de usar reaccións molde baseadas in ARN mensaxeiro para sintetizar péptidos citotóxicos no contexto da terapia contra o cancro. En 2014 obtivo unha praza de "W1 Juniorprofessor (tenure track)"[5] na Philipps Universität Marburg, para establecer o novo departamento de Química e Bioloxía en colaboración co profesor Eric Meggers. En 2020, a súa avaliación foi positiva, recibindo unha oferta de Profesora Titular (W 2 Professur) na mesma universidade. Pasou a liderar o seu laboratorio[6] onde traballa no desenvolvemento de ferramentas optoquímicas para controlar e comprender os procesos biolóxicos a nivel molecular”[4][7]

En 2022 recibiu unha Full Professorship de Química Orgánica para a Investigación de Proteínas na Universidade de París Lodron de Salzburgo, rexeitando unha cátedra na Philipps-Universität Marburg (Alemaña). Desde 2023 Olalla é oficialmente Catedrática de Bioloxía Química (W3).[8]

Durante toda a súa traxectoria profesional publicou artigos en revistas especializadas de alto impacto.[9]

Premios editar

  • 2009: VII Premio Lilly.[10]
  • 2011: Premio de investigación da Deputación de Pontevedra.[11]
  • 2012: European Young Chemist, medalla de prata.[12]
  • 2016: Fulbright-Cottrell.[13]
  • 2017: SPP1926 Young Research Award.[14]
  • 2018: Premio de Biotecnoloxía e Nanotecnoloxía da cidade de Marburg, compartido co profesor Leon Schulte.[15]
  • 2020: Premio á Mellor Investigadora Europea Nova en Química Biolóxica.[16]
  • 2020: Premio á Investigadora Nova Líder de Grupo da Real Sociedad Española de Química.[17]
  • 2021: Ars Lengindi Fakultätenpreis.
  • 2022: EFMC Prize for a Young Chemical Biologist in Academia.

Notas editar

  1. Buela, Ana (2020-11-20). "A precariedade laboral e a fuga de cerebros centrarán a Semana da Ciencia da man das científicas galegas María de la Fuente e Olalla Vázquez". Concello de Pontevedra. Consultado o 2020-11-21. 
  2. "Olalla Científicas innovadoras". cientificasinnovadoras.fecyt.es. Consultado o 2024-01-20. 
  3. Gómez, Chus (26/11/2020). "Se puidera facer o meu traballo en Galicia non estaría en Marburg". Diario de Pontevedra. 
  4. 4,0 4,1 ORCID. "Olalla Vázquez (0000-0002-7555-1865)". orcid.org (en inglés). Consultado o 2020-11-21. 
  5. "Junior professorship" (en inglés). 2020-07-28. 
  6. "Vázquez Lab". Philipps-Universität Marburg (en inglés). Consultado o 2020-11-21. 
  7. "Olalla Vázquez Vázquez Mujeres Científicas". cientificasinnovadoras.fecyt.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-08. 
  8. "Olalla Vázquez - OlallaLab" (en inglés). 2018-09-01. Consultado o 2024-01-20. 
  9. "Olalla Vázquez". scholar.google.es. Consultado o 2020-11-21. 
  10. "A doutoranda Olalla Vázquez acada un dos tres galardóns dos VII Premios de Investigación Lilly". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2020-11-21. 
  11. "Premio de investigación da Diputación de Pontevedra para Olalla Vázquez". CiQUS -USC - Universidad de Santiago de Compostela. 2013-11-08. Consultado o 2020-11-21. 
  12. "Olalla Vázquez". igualdade.xunta.gal. Consultado o 2020-11-21. 
  13. "Olalla Vázquez recibe el premio Cottrell-Fulbright 2016". CiQUS -USC - Universidad de Santiago de Compostela (en castelán). 2016-03-29. Consultado o 2020-11-21. 
  14. Redacción (2020-11-20). "A Semana da Ciencia de Pontevedra aposta por un sector sen discriminación nin precariedade". GCiencia. Consultado o 2020-11-21. 
  15. "Olalla Vázquez, Premio de Biotecnología y Nanotecnología". CiQUS -USC - Universidad de Santiago de Compostela (en castelán). 2019-05-10. Consultado o 2020-11-21. 
  16. "GEQB Young Group Leader Prize: O. Vázquez / Whistler Award in Carbohydrate Chemistry: Y. Kajihara / Barry Cohen Award: D. Rauh". Angewandte Chemie International Edition 59 (20): 7647–7647. 2020. ISSN 1521-3773. doi:10.1002/anie.202003674. 
  17. RSEQ, Editoras (2020-04-24). "Concesión de los Premios RSEQ 2020 – RSEQ". RSEQ, Real Sociedad Española de Química (en castelán). Consultado o 2020-11-21. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar