Olaia Ledo Díaz

política española
(Redirección desde «Olaia Ledo»)

Olaia Ledo Díaz,[1] nada en Corcubión[2][3] o 16 de xuño de 1981, é unha produtora audiovisual e política galega do BNG,[4] organización na que milita desde 1999.[5]

Olaia Ledo Díaz
Nacemento16 de xuño de 1981
Lugar de nacementoCorcubión
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónpolítica
Na rede
Facebook: aia.ld Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Olaia Ledo na XV Asemblea Nacional do BNG no 2016.

Traxectoria editar

Licenciada en Ciencias do Mar e especializada en Oceanografía do Medio pola Universidade de Vigo. É autónoma do audiovisual e o márketing. Produtora e guionista principalmente en Nós, Produtora Cinematográfica Galega.[6] Tamén ten a súa propia marca de marqueting, A Laxe Creativa[7] Na súa etapa universitaria foi claustral e membro do Consello de Goberno da UVigo[8] representando os CAF, sindicato estudantil do que foi responsábel de mulleres no seu consello nacional. Foi membro da dirección nacional de Galiza Nova e estivo nas candidaturas do BNG ás eleccións municipais de 2015 en Narón e anteriormente ás eleccións do 2011 en Compostela.[4] En 2016 foi elixida membro da Executiva do BNG.[9]

Foi candidata do BNG á alcaldía de Narón nas eleccións municipais de 2019[10] e nas de 2023, obtento este ano os mellores resultados nunhas municipais polo BNG en Narón.

Notas editar

  1. "Junta Electoral de Zona de Ferrol. Publicación de candidaturas. Fase presentación. Páxina 27" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de agosto de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  2. "Familia de Oficio". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 31 de agosto de 2017. 
  3. "O país dos Mixtos". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 31 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 "Executiva Nacional do BNG Candidatura do BNG en Santiago para as eleccións municipais de 2011". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2017. Consultado o 08 de maio de 2017. 
  5. "Olaia Ledo: “Nós debémonos á veciñanza de Narón. É o único pacto que temos e non nos podemos adiantar”". Diario de Ferrol. 21 de maio de 2019. 
  6. Ficha da serie "Familia de oficio"
  7. "A Laxe Creativa". 
  8. Acta da sesión extraordinaria do Claustro Universitario da Universidade de Vigo do 1 de outubro de 2003
  9. "Ana Pontón encabeza una candidatura al BNG que renueva a menos de la mitad de sus caras", artigo en Faro de Vigo, 21 de febreiro de 2016 (en castelán).
  10. BNG de Narón (ed.). "Acto solaina do BNG de Narón". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2019. Consultado o 22 de abril de 2019. 

Véxase tamén editar