Oito Veado Gadoupa de Xaguar

Gobernante mixteco

Oito Veado Gadoupa de Xaguar (en mixteco: Iya Nacuaa Teyusi Ñaña)[1] ou 8 Veado para abreviar, foi un poderoso gobernante mixteco na Oaxaca do século XI. Aparece atestado nun manuscrito precolombiano do século XV, coñecido como Codex Zouche-Nuttall, e noutros manuscritos mixtecos. O seu apelido tradúcese tamén como Gadoupa de Tigre e Gadoupa de Ocelote. John Pohl datou a súa vida entre os anos 1063 e a súa morte por sacrificio no ano 1115.[2] De acordo coa práctica estándar mesoamericana, o nome "Oito Veado" refírese ó día do seu nacemento dentro do ciclo de 260 días, que se compón de 13 números e 20 símbolos variados (que inclúen animais, plantas e fenómenos naturais).

Oito Veado Gadoupa de Xaguar
Iya Nacuaa Teyusi Ñaña
Gobernante mixteca
Oaxaca ocho venado.png
Oito Veado Gadoupa de Xaguar (dereita) con Catro Xaguar, nunha representación do Codex Zouche-Nuttall.

Nacemento1063
Tilantongo
Falecemento1115
Tilantongo

NotasEditar

  1. Jansen e Pérez Jiménez (2004)
  2. See Pohl (n.d.)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar