Oisc de Kent
(Redirección desde «Oisc»)
Oisc (tamén coñecido como Oeric, Aesc ou Esc) foi rei de Kent entre c. 488 e c. 512-516.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V |
Morte | 512 |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Octa de Kent |
Pai | Hengest |
Irmáns | Rowena |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) |
Traxectoria
editarTéñense poucos datos acerca de Oisc e a información que chegou até os nosos días é a miúdo vaga e pouco fiábel. Parece que era fillo ou neto de Hengest, quen liderou a invasión anglosaxoa de Gran Bretaña dos xutos en Kent. Oisc foi lembrado polas xeracións seguintes como o fundador do reino e da casa real, até o punto de que os seus descendentes se referiron a eles mesmos co nome de Oiscingas[1].