Ogre, que tamén leva por nome Toshin en xaponés e coñecido como o Deus Loitador polos antigos aztecas, é un personaxe ficticio na serie Tekken. É o antagonista e subxefe de Tekken 3 e Tekken Tag Tournament. Cando é derrotado, transfórmase en True Ogre (absorbendo o ki de Heihachi Mishima ou de Jin Kazama para a batalla final).

Historia editar

Tekken editar

O verdadeiro pasado de Ogre é descoñecido, con só murmurios e lendas proporcionando calquera información acerca da súa existencia e propósito. As lendas din que Ogre foi unha arma antiga de guerra deixada atrás por aliens hai séculos. Máis adiante foi adorado polos aztecas como deus loitador.

Moitos anos despois Heihachi Mishima reclamou o control do Mishima Zaibatsu, formando o Tekken Force, o seu propio grupo militar. Unha das misións do Tekken Force foi buscar un antigo templo situado nalgunha parte de México. Moi pronto despois de chegar alí, Heihachi notou que a súa forza enteira fora destruída polo Deus Loitador Ogre. Heihachi viu o poder de Ogre e intentou capturalo.

Despois da liberación de Ogre, atacou a moitos mestres de artes marciais de fama mundial en todas as partes do globo. Se o mataban, recollía o ki de Heihachi converténdose no True Ogre.

Despois do ataque de Ogre a Jun, Jin foi onda Heihachi tal como Jun lle ordenara previamente. Heihachi decidiu adestrar o rapaz para convertelo nun poderoso loitador, pero as intencións de Heihachi eran máis sinistras do que Jin había poder predicir, pois o seu verdadeiro plan era facer a Jin suficientemente poderoso para levar a Ogre ante el.

Eventualmente, Heihachi anunciou o King of Iron Fist Tournament 3 modo para atraer a Ogre abertamente.