Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela

A Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela é un organismo que puxo en funcionamento dita universidade en 2006 e que ten como misión fundamental a de "levar a bo termo o compromiso da Universidade de Santiago de Compostela coa sociedade na consecución da igualdade real entre homes e mulleres, asumindo os principios de dignidade humana con independencia do sexo das persoas, igualdade e equidade de xénero como elementos fundamentais da actividade universitaria".[1]

Para acadar a igualdade a oficina leva a cabo distintas activividades como os premios á introdución da perspectiva de xénero, iniciativa seleccionada polo European Institute for Gender Equality (EIGE) como boa práctica de “Integración da igualdade de xénero nas universidades e centros de investigación europeos” e incluída na ferramenta en liña (GEAR tool),[2] e a actividade Unha enxeñeira ou científica en cada cole.[3]

Estivo dirixida por Isabel Diz Otero[4], Trinidad de Miguel Bouzas e Eva Aguayo Lorenzo .[5]

Publicacións editar

  • Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC (2009-2011).[6]
  • II Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC (2014-2018).[6]

Notas editar

  1. "Presentación - Oficina de Igualdade de Xénero - USC". www.usc.gal. Consultado o 2021-01-23. 
  2. Lorenzo, Eva Aguayo (2019). "Premios a la introducción de la perspectiva de género de la USC: una buena práctica en la gear tool del EIGE". XI Encuentro de Unidades de Igualdad de las Universidades Españolas: (Universidade da Coruña, 24-25 de mayo 2018), 2019, ISBN 978-84-9749-773-2, págs. 45-52 (Servizo de Publicacións): 45–52. ISBN 978-84-9749-773-2. 
  3. "Unha enxeñeira ou científica en cada cole - - USC". www.usc.gal. Consultado o 2021-01-23. 
  4. "Isabel Diz Otero - Editorial Tirant Lo Blanch". editorial.tirant.com. Consultado o 2021-01-23. 
  5. "ponentes". web.ua.es (en castelán). Consultado o 2021-01-23. 
  6. 6,0 6,1 "Documentos propios - Oficina de Igualdade de Xénero - USC". www.usc.gal. Consultado o 2021-01-23. 

Véxase tamén editar

Ligazóns editar