Oficina Española de Patentes e Marcas
A Oficina Española de Patentes e Marcas é un organismo dependente do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, encargado das patentes en España, realizando funcións de recepción, estudo e concesión das diferentes modalidades de propiedade industrial que se conceden en España, agás variedades vexetais e denominacións de orixe.
Oficina Española de Patentes e Marcas | |
---|---|
Acrónimo | OEPM |
Tipo | patent office e organismo autónomo |
Campo de traballo | industrial property |
Data de fundación | 18 de agosto de 1824 |
Organización matriz | Ministerio de Industria, Comercio e Turismo |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Funcionamento
editarEste organismo concede patentes, modelos de utilidade, marcas, nomes comerciais, certificados complementarios de protección de medicamentos e produtos fitosanitarios, topografías de produtos semicondutores e deseño industrial. Tamén divulga información incluída nesas solicitudes, de especial importancia no caso de patentes pois permite coñecer o estado da arte máis actualizado.
Anteriormente era coñecida como Rexistro da Propiedade Industrial, dependente do Ministerio de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas posteriormente Ministerio de Industria, en 1903. Ten o seu nome actual desde 1992.