Octavia E. Butler
Octavia Estelle Butler, nada en Pasadena (California) o 22 de xuño de 1947 e finada en Lake Forest Park o 24 de febreiro de 2006, máis coñecida por Octavia Butler, foi unha escritora afroamericana consagrada polos seus libros de ciencia ficción feminista e por inserir a cuestión do prexuízo e do racismo nas súas historias.
Traxectoria
editarOctavia Butler decidiu tornarse escritora ós doce anos ó asistir o filme Devil Girl from Mars e convencéndose de que podería escribir unha historia mellor.[1] Despois de vender algunhas historias para antoloxías, adquiriu notoriedade a partir dos anos 1980, gañando os premios Nébula e Hugo. Mais foi a publicación dos libros Parable of the Sower (1993) e Parable of the Talents (1998) que solidificou a súa fama como escritora. En 2005, foi admitida no Hall Internacional da Fama de Escritores Negros.
Trala súa morte, en 2006, unha bolsa de estudos que leva o seu nome foi creada para incentivar estudantes de cor inscritos nos obradoiros de escrita onde Butler foi alumna e, máis tarde, profesora.
A NASA bautizou o lugar de aterraxe do rover Perseverance en Marte como Octavia E. Butler Landing na súa honra .[2]
Notas
editar- ↑ Octavia Butler e Kindred
- ↑ Greicius, Tony (2021-03-05). "Welcome to ‘Octavia E. Butler Landing’". NASA. Consultado o 2021-06-22.