Paíño gallado

(Redirixido desde "Oceanodroma leucorhoa")

O paíño gallado (Oceanodroma leucorhoa) é unha ave da familia Hydrobatidae.

O ovo.

CaracterísticasEditar

Caracterízase pola súa cor semellante á do tisne, a súa mancha de cor branca na parte superior á cola, e polas súas pequenas dimensións: mide 20 cm de lonxitude, 45 cm de envergadura e pesa tan só 45 g.

Vive en mar aberto, penetrándose só na costa para criar, e, aínda así, de noite. Durante as treboadas pode ser arrastrado a terra.

O seu niño é unha cavidade entre as rochas; un membro da parella chóca o ovo, mentres o outro está no mar. Só aniña unha vez ao ano, de abril a xullo, poñendo un único ovo.

Aliméntase de medusas, invertebrados mariños e restos de peixes.

Cría nas illas do noroeste de Europa. É propio do océano Atlántico norte, mais escaso no mar do Norte.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Hume, Rob (2002). Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega. ISBN 84-282-1317-8.