Obxecto transneptuniano resoante

(Redirección desde «Obxectos transneptunianos resoantes»)

En astronomía un obxecto transneptuniano resoante é un obxecto transneptuniano (TNO) en resonancia orbital con Neptuno. Os períodos orbitais dos obxectos resoantes están en relación simple enteira co período deste planeta, como 1:2, 2:3 etc. Os TNO resoantes poden formar parte do cinto de Kuiper ou do disco disperso.[1]

Distribución editar

 
Distribución dos obxectos transneptunianos. Os obxectos que ocupan as resonancias máis fortes aparecen en cor vermella.

O diagrama ilustra a distribución dos TNO coñecidos. Os obxectos resoantes aparecen en vermello. As resonancias con Neptuno aparecen sinaladas con barras verticais; 1:1 sinala a posición da órbita de Neptuno e os seus troianos, 2:3 sinala a órbita de Plutón e os plutinos e 1:2, 2:5 etc. Sinalan familias máis pequenas.

As designacións 2:3 ou 3:2 refírense á mesma resonancia. Non hai ambigüidade porque por definición os obxectos transneptunianos teñen períodos máis longos que Neptuno.

Orixe editar

As análises detalladas e os estudos numéricos das resonancias de Neptuno indican que os obxectos deben ter un rango preciso de enerxías.[2][3] Se o semiexe maior do obxecto está fóra dese rango a órbita vólvese caótica.

Entre os obxectos transneptunianos descubertos, máis do 10% están en resonancia 2:3, máis do que se esperaría dunha distribución aleatoria. Crese que os obxectos foron atrapados de distancias maiores durante a migración de Neptuno.[4]

Familias coñecidas editar

Resonancia 2:3 ("plutinos", período ~250 anos) editar

Artigo principal: Plutino.
 
Movemento de Orcus, cun período igual ao de Neptuno.
 
Plutón e os seus satélites comparados en tamaño, albedo e cor con Orcus e Ixion.

A resonancia 2:3 a 39.4 UA é a categoría dominante dos obxectos resoantes, con 92 confirmados e 104 posibles.[5] Os obxectos que seguen estas órbitas denomínanse plutinos por Plutón, primeiro corpo descuberto con esta característica. Os maiores inclúen:[6]

Resonancia 3:5 (período ~275 anos) editar

En outubro de 2008 coñecíanse 10 obxectos a 42.3 UA, incluíndo:[6]

Resonancia 4:7 (período ~290 anos) editar

En outubro de 2008 coñecíanse 20 obxectos a 43.7 UA. Os obxectos son bastante pequenos e a maioría segue órbitas próximas á eclíptica. Entre eles están:[6]

Resonancia 1:2 ("twotinos", período ~330 anos) editar

Artigo principal: Twotino.

Esta resonancia a 47.8 UA adoita considerarse fóra do cinto de Kuiper e ocasionalmente chámase a estes obxectos twotinos. Teñen inclinacións menores de 15 graos e excentricidades moderadas (0.1 < e < 0.3).[7] En outubro de 2008 coñecíanse catorce, máis considérase que orixinariamente a súa poboación era tan numerosa coma a dos plutinos.[7]

Entre estes obxectos están:[6]

 
En vermello, algúns obxectos resoantes.

Resonancia 2:5 (período ~410 anos) editar

Entre os once obxectos a 55.4 UA clasificados nesta categoría en outubro de 2008 están:[6]

Outras resonancias editar

As resonancias maiores teñen un número limitado de obxectos coñecidos, por exemplo:[6]

Coñécense tamén outros obxectos distantes con resonancias simples:[6]

E tamén hai algunhas resonancias sen probar, que poderían ser coincidencias:

Resonancia 1:1 (troianos de Neptuno, período ~165 anos) editar

Artigo principal: troiano de Neptuno.

Algúns obxectos descubertos seguen órbitas cun semieixe maior semellante ao de Neptuno, preto dos puntos de Lagrange Sol-Neptuno. Son os troianos de Neptuno, termo análogo aos troianos de Xúpiter, que están en resonancia 1:1 con Neptuno, e dos que en outubro de 2012 se coñecían nove, tres na área L5 e o resto na rexión L4.[18]

Notas editar

  1. Hahn J. Malhotra R.Neptune's migration into a stirred-up Kuiper Belt The Astronomical Journal, 130, páx. 2392-2414, novembro de 2005.Full text on arXiv.
  2. Malhotra, Renu The Phase Space Structure Near Neptune Resonances in the Kuiper Belt. Astronomical Journal v. 111, páx. 504 preprint
  3. E. I. Chiang and A. B. Jordan, On the Plutinos and Twotinos of the Kuiper Belt, The Astronomical Journal, 124 (2002), páx. 3430–3444. (html)
  4. Renu Malhotra, The Origin of Pluto's Orbit: Implications for the Solar System Beyond Neptune, The Astronomical Journal, 110 (1995), páx. 420 Preprint.
  5. Trans-Neptunian objects
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 List of the classified orbits from MPC October, 2008
  7. 7,0 7,1 Tiscareno, M.; Malhotra, R. (abril de 2008). "Chaotic Diffusion of Resonant Kuiper Belt Objects". The Astronomical Journal 194 (3): 827–837. Bibcode:2009AJ....138..827T. arXiv:0807.2835. doi:10.1088/0004-6256/138/3/827. 
  8. Buie, Marc. "Orbit Fit and Astrometric record for 02GD32" (2005-04-11 using 20 observations). SwRI (Space Science Department). Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 5 de febreiro de 2009. 
  9. Buie, Marc. "Orbit Fit and Astrometric record for 182397" (2007-11-09 using 23 observations). SwRI (Space Science Department). Consultado o 29 de xaneiro de 2009. 
  10. Buie, Marc. "Orbit Fit and Astrometric record for 119878" (2005-12-06 using 41 observations). SwRI (Space Science Department). Consultado o 29 de xaneiro de 2009. 
  11. Buie, Marc. "Orbit Fit and Astrometric record for 82075" (2004-04-16 using 62 of 63 observations). SwRI (Space Science Department). Consultado o 29 de xaneiro de 2009. 
  12. "MPEC 2008-K28 : 2006 HX122". Minor Planet Center. 23 de maio de 2008-05-23. Consultado o 30 de xaneiro de 2009. 
  13. The Scattered Disk: Origins, Dynamics, and End States. Gomes, R. S.; Fernández, J. A.; Gallardo, T.; Brunini, A.
  14. Buie, Marc. "Orbit Fit and Astrometric record for 03LA7" (2007-04-21 using 13 of 14 observations). SwRI (Space Science Department). Consultado o 29 de xaneiro de 2009. 
  15. Buie, Marc. "Orbit Fit and Astrometric record for 03YQ179" (2008-03-03 using 23 of 24 observations). SwRI (Space Science Department). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2012. Consultado o 29 de xaneiro de 2009. 
  16. Ragozzine, D.; Brown, M. E. (4 de setembro de 2007). "Candidate Members and Age Estimate of the Family of Kuiper Belt Object 2003 EL61". The Astronomical Journal 134 (6): 2160–2167. Bibcode:2007AJ....134.2160R. arXiv:0709.0328. doi:10.1086/522334. 
  17. 17,0 17,1 Dunn, Tony. "Possible resonances of Eris (2003 UB313) and Makemake (2005 FY9)". Gravity Simulator. Consultado o 29 de xaneiro de 2009. 
  18. "List Of Neptune Trojans". Minor Planet Center. Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar