Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable en Galicia

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel, tamén chamados Axenda 2030, é unha serie de obxectivos asinados no ano 2015 por todos os países membros das Nacións Unidas que representa o compromiso internacional para facer fronte aos retos sociais, económicos e ambientais da globalización, poñendo no centro ás persoas, o planeta, a prosperidade e a paz, baixo o lema de non deixar a ninguén atrás.

Axenda 2030 en Galicia editar

O núcleo da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable son os denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Trátase de 17 obxectivos concretados en 169 metas de carácter universal, integrado e indivisible, que constitúen un ambicioso plan de acción cara ao desenvolvemento sustentable que ten que ser alcanzado antes do ano 2030. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que estes 17 obxectivos e 169 metas foran obxecto de seguimento utilizando o marco de indicadores proposto pola Comisión de Estatística das Nacións Unidas, actualmente formado por 247 indicadores (231 indicadores diferentes, xa que algúns indicadores se repiten). Cos indicadores dispoñibles para Galicia e España ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística[1] pódese facer unha avaliación para a década 2010-2019 (ano previo á pandemia da Covid-19) segundo se recolle no seguinte recadro.

Indicadores de sostibilidade ambiental (IGE) Galicia España Galicia España
2010 2010 final final
Intensidade enerxética primaria (Ktep/Meur2010) (2019)[2] 150,0 120,0 123,0 106,0
Emisións de gases invernadoiro por unidades de PIB (2019)[1] 0,5 0,3 0,4 0,3
Emisións de gases invernadoiro por habitante (2019)[1] 10,1 7,8 8,5 6,9
Emisións efecto invernadoiro (2019, 2010 = 100)[2] 100,0 100,0 82,0 88,0
Viaxeiros no transporte urbano regular (2019) (% G/E)[2] 2,1 100,0 3,5 100,0
Auga consumida nos fogares (litros/hab/día) (2018)[2] 131,0 142,0 125,0 133,0
Consumo auga sectores económicos (2018, 2010=100)[2] 100,0 100,0 130,0 93,0
Poboación en vivendas inaxeitadas (2020)[1] 26,7 21,8 24,3 14,7
Residuos sólidos urbanos (RSU) (2018, 2010 = 100)[2] 100,0 100,0 93,5 93,1
Porcentaxe de RSU incinerados (2018)[1] 49,6 11,8 46,6 11,5
Porcentaxe de RSU reciclados (2018)[1] 19,3 31,3 19,7 35,1

Emisións editar

As emisións de gases de efecto invernadoiro -que están por tras do colapso climático- tanto en relación ao PIB, como por habitante ou en volume absoluto melloran, redúcense, en Galicia entre 2010 e 2019. Pero seguen por riba do conxunto de España nun 140 % e nun 124 % respectivamente. Téñase en conta que a referencia española media non é nada virtuosa. Referencia que tamén se supera na intensidade enerxética (consumo de enerxía por unidade de PIB). Polo lado da demanda o indicador de uso de transporte urbano colectivo fronte ao particular informa de que a cota galega no total español está moi por baixo da que ten en poboación (un 3,5 % fronte a un 5,7 %).

Residuos editar

A cantidade de residuos xerados por persoa en Galicia está por baixo da media española e ten unha lixeira tendencia minguante. Neste caso a cualificación non é negativa. Non sucede o mesmo coa xestión dos residuos. Pois a cota de incineración é moi alta e a de reciclados moi baixa respecto do que sucede no conxunto de España. Hai unha estrutura inversa na xestión dos residuos. E hai que lembrar que o ambientalmente máis sustentable é a reciclaxe fronte á incineración.

Auga editar

Nos indicadores relativos á subministración das augas Galicia acada un aprobado: un é positivo e outro negativo. É positivo o indicador de auga consumida ao día nos fogares, pois é minguante e segue a estar por baixo da cifra media española. É negativo o indicador que cuantifica a evolución dos consumos de auga non domésticos. Consumos que se reducen algo no conxunto de España mentres que en Galicia medran un trinta por cento.

Nas emisións contaminantes á atmosfera Galicia, sempre verbo do conxunto de España, ten un suspenso absoluto. Na xestión dos residuos un claro suspenso. E só no consumo de auga acada un aprobado raspado. Nestas tres dimensións ambientais a cualificación global de Galicia da derradeira década de crecemento económico é claramente desfavorable. Trátase da década 2010-2019: dende a post-crise do 2008 ao ano previo á crise do Covid.

Notas editar