Observatorio Lowell

O Observatorio Lowell é un observatorio astronómico situado en Flagstaff, Arizona. O Observatorio Lowell é un dos observatorios máis antigos dos Estados Unidos, e está catalogado como edificio de interese histórico. O telescopio Alvan Clark de 24 polgadas orixinal aínda se usa en demostracións educativas. O Observatorio Lowell recibe ata 70 000 visitantes ao ano, que realizan visitas guiadas e observan diversas marabillas nocturnas a través do telescopio Clark e outros. Foi fundado en 1894 polo astrónomo Percival Lowell, e dirixido durante un tempo polo seu terceiro sobriño Guy Lowell. O administrador actual do observatorio Lowell é William Lowell Putnam, sobriño-neto do fundador Percival Lowell.

Observatorio Lowell
TipoObservatorio astronómico e organización sen ánimo de lucro
Data de fundación1894
EnFlagstaff
PaísEstados Unidos de América
35°12′10″N 111°39′52″O / 35.202778, -111.664444
Na rede
http://www.lowell.edu
Facebook: lowellobservatory Twitter: lowellobs Instagram: lowellobservatory Youtube: UC4zmFY211sXfEamwmsJcrYA TikTok: lowellobservatory Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Museo Slipher Rotunda no Observatorio Lowell

Características editar

O observatorio opera varios telescopios en dous sitios de Flagstaff. As instalacións principais, situadas en Mars Hill ao oeste do pobo de Flagstaff, albergan o Telescopio Clark de refracción de 24 polgadas (0.61-metros) orixinal, aínda que o seu papel actual é de ferramenta educativa e non de investigación. O telescopio, construído en 1896 por 20,000 $dólares, foi montado en Boston por Alvan Clark e despois enviado en tren a Flagstaff. Tamén situado no campus de Mars Hill está o Telescopio de 13 polgadas (0.33-metros) Pluto Discovery, usado por Clyde Tombaugh en 1930 para descubrir o planeta anano Plutón.

O observatorio na actualidade opera catro telescopios para a investigación en Anderson Mesa, situado a 12 millas ao sueste de Flagstaff, incluíndo o telescopio Perkins de 72 polgadas (1,8 metros) en colaboración coa Universidade de Boston e o telescopio John S. Hall de 42 polgadas (1,1 metros). Lowell está asociado co Observatorio naval dos Estados Unidos e o NRL (Prototipo Naval de Interferómetro Óptico) tamén está situado alí. O observatorio tamén opera telescopios menores na súa localización histórica de Mars Hill e en Australia e Chile. Na actualidade está construíndo o Telescopio Discovery Channel de 4,2 metros en colaboración con Discovery Communications, Inc.

Telescopio Discovery Channel editar

O Observatorio Lowell está construíndo un gran telescopio en colaboración con Discovery Communications preto de Happy Jack ao norte de Arizona. Este telescopio, situado dentro do distrito Mogollon Rim Ranger no Parque nacional de Coconino, espérase que sexa o quinto máis grande na zona continental dos Estados Unidos e permitirá aos astrónomos do Lowell comezar novas áreas de investigación e levar a cabo os programas actuais de forma máis efectiva e eficiente. O telescopio e a investigación que permitirá tamén será o centro de atención de programas de televisión educativos e informativos sobre astronomía, ciencia, e tecnoloxía emitidos en Discovery Chanel. Ademais, o Telescopio Discovery Channel en Lowell terá un importante impacto educativo e económico no estado.

Investigación actual editar

Os astrónomos do observatorio Lowell levan a cabo investigacións nun amplo campo de temas sobre o sistema solar e astrofísica usando telescopios terrestres, aéreos e espaciais. Entre os moitos programas de investigación hai unha procura de asteroides próximos á Terra, catalogación de obxectos do cinto de Kuiper máis aló de Neptuno, procura de planetas extrasolares, un estudo de décadas de duración sobre a estabilidade da luminosidade do sol, e varias investigacións sobre a formación de estrelas e outros procesos en galaxias afastadas. Ademais, o persoal do observatorio deseña e constrúe instrumentos a medida para o uso nos telescopios de Lowell e noutras partes. Por exemplo, o persoal de Lowell construíu unha sofisticada cámara de alta velocidade para usala no Observatorio estratosférico de astronomía infravermella (SOFIA). SOFIA é un proxecto conxunto das axencias espaciais dos Estados Unidos e Alemaña e consiste nun telescopio de 2.5 m a bordo dun Boeing 747 SP.

Descubrimentos importantes editar

 
O telescopio de 13" Pluto Discovery, un astrógrafo usado para descubrir o planeta anano Plutón

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar