Oblivion (filme de 2013)
Oblivion é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Joseph Kosinski que se estreou no 2013. Baséase na novela gráfica homónima de Joseph Kosinski. O filme foi coescrito, producido e dirixido por Kosinski.[3][4][5] Está protagonizado por Tom Cruise.[6][7] Foi estreado nos Estados Unidos o 19 de abril de 2013.[8]
Oblivion | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Oblivion |
Director | Joseph Kosinski |
Produtor | Joseph Kosinski Peter Chernin Dylan Clark Barry Levine[1] Duncan Henderson |
Guión | Joseph Kosinski Karl Gajdusek Michael Arndt |
Baseado en | Oblivion de Joseph Kosinski e Arvid Nelson |
Intérpretes | Tom Cruise Olga Kurylenko Andrea Riseborough Nikolaj Coster-Waldau Melissa Leo Morgan Freeman |
Música | Anthony Gonzalez Joseph Trapanese M83 |
Fotografía | Claudio Miranda |
Montaxe | Richard Francis-Bruce |
Estudio | Relativity Media Chernin Entertainment Monolith Pictures Radical Studios |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 2013 |
Duración | 124 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | $120 000 000[2] |
Recadación | $286 168 572 |
Na rede | |
http://www.oblivionmovie.com | |
|
Sinopse
editarAno 2073. Hai máis de 60 anos a Terra foi atacada; gañouse a guerra, pero a metade do planeta quedou destruído, e tódolos seres humanos foron evacuados. Jack Harper (Tom Cruise), un antigo astronauta, é un dos derradeiros homes que a habitan. É un enxeñeiro de drons que participa nunha operación para extraer os recursos vitais do planeta. A súa misión consiste en patrullar diariamente os ceos. Un día, rescata a unha descoñecida dunha nave espacial e vese obrigado a reconsiderar as súas conviccións máis profundas.
Personaxes
editar- Tom Cruise como Comandante Jack Harper, técnico que repara os drons dos aliens que cazan os últimos humanos que viven entre as ruínas da Terra.[9]
- Morgan Freeman como Malcolm Beech, líder da resistencia na Terra.[10]
- Olga Kurylenko como Julia Rusakova, astronauta e muller de Jack antes da invasión.
- Andrea Riseborough como Victoria Olsen, oficial de comunicacións de Jack, amante e antiga co piloto.
- Nikolaj Coster-Waldau como Sykes, militar da resistencia.
- Melissa Leo como Sally, controladora da misión de Jack e Victoria.
- Zoë Bell como Kara, soldado da resistencia.
Notas
editar- ↑ Kit, Borys (9 de xaneiro de 2012). "'W.E.' Star Andrea Riseborough, Olga Kurylenko Join Tom Cruise's Sci-Fi Thriller". The Hollywood Reporter. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ Fleming, Mike (20 de maio de 2011). "Tom Cruise Commits To $100 Million Universal Sci-Fi Pic ‘Oblivion’ For Fall". Deadline. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ "That Oblivion "graphic novel" will probably never be published". 1 de abril de 2013.
- ↑ Steve Suno (22 de xullo de 2010). "CCI: KOSINSKI ILLUMINATES "OBLIVION"". comicbookresources.com. Consultado o 22 de xullo de 2010.
- ↑ Matt Goldberg (4 de agosto de 2010). "Disney Locks Down OBLIVION for TRON: LEGACY Director Joseph Kosinski". Collider.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2015. Consultado o 4 de agosto 2010.
- ↑ Trumbore, Dave (19 de xaneiro de 2012). "Olga Kurylenko and Andrea Riseborough Join Tom Cruise in Untitled Sci-Fi Pic". Collider.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2015. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ Chitwood, Adam (15 de marzo de 2012). "Universal Moves Sci-Fi Film OBLIVION Starring Tom Cruise Up to April 26, 2013". Collider.com. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ Lussier, Germaine (15 de marzo de 2012). "Joseph Kosinski’s Tom Cruise Vehicle ‘Oblivion’ Moves To April 2013". /Film. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ Breznican, Antony (27 de abril de 2012). "CinemaCon 2012: Tom Cruise dives from heaven to hell in Oblivion footage". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2014. Consultado o 8 de maio de 2012.
- ↑ Carp, Jesse (9 de febreiro de 2012). "Morgan Freeman Cast Opposite Tom Cruise In Joseph Kosinski's 'Oblivion'". Cinema Blend. Consultado o 8 de maio de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Oblivion na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)