Obituary
Obituary é unha banda estadounidense de death metal formada en outubro de 1984 en Tampa, Florida. Initicialmente chamouse Executioner, nome que cambiaría por Xecutioner en 1986 para evitar confusións co grupo de thrash metal Executioner de Boston, e posteriormente volverían cambiar polo definitivo Obituary en 1988. A día de hoxe a banda está composta polo vocalista John Tardy, o guitarrista Kenny Andrews, o guitarrista Trevor Peres, o baixista Terry Butler e o batería Donald Tardy. Obituary pasou por varios cambios na súa formación, sendo só Peres e os irmáns Tardy os únicos membros constantes. A banda tivo un papel fundamental no desenvolvemento da música death metal,[1] e é un dos grupos do xénero máis exitosos de todos os tempos.[2] Ata a data Obituary leva publicados dez álbums de estudio.
Obituary | |
---|---|
Orixe | Tampa, Florida, |
Período | 1984 - 1997 2003 - presente |
Xénero(s) | death metal |
Selo(s) discográfico(s) | Relapse, Candlelight, Roadrunner |
Membros | John Tardy Trevor Peres Donald Tardy Terry Butler Kenny Andrews |
Na rede | |
http://www.obituary.cc/ | |
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Slowly We Rot | 1989 | Roadrunner Records |
Cause of Death | 1990 | Roadrunner Records |
The End Complete | 1992 | Roadrunner Records |
World Demise | 1994 | Roadrunner Records |
Back from the Dead | 1997 | Roadrunner Records |
Frozen in Time | 2005 | Roadrunner Records |
Xecutioner's Return | 2007 | Candlelight Records |
Darkest Day | 2009 | Candlelight Records |
Inked in Blood | 2014 | Gibtown Music/Relapse Records |
Obituary | 2017 | Gibtown Music/Relapse Records |
Dying of Everything | 2023 | Relapse Records |
Notas
editar- ↑ Allmusic (ed.). "Obituary en Allmusic". Consultado o 28 de abril de 2017.
- ↑ Blabbermouth (ed.). "It's official: Cannibal Corpse are the top-selling death metal band of the SoundScan era". Consultado o 28 de abril de 2017.