O regalo do César

álbum de banda deseñada de Astérix

O regalo do César[1] (en francés: Le Cadeau de César) é o vixésimo primeiro volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración),[2] e publicado orixinalmente en 1974. Foi o primeiro álbum de Astérix que non foi publicado de forma serializada na revista Pilote antes da súa publicación en formato de libro.[3]

O regalo do César
Título orixinalLe Cadeau de César
Autor/aRené Goscinny
Ilustrador/aAlbert Uderzo
CubertaAlbert Uderzo
Orixe Francia
Linguafrancés
ColecciónAstérix
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia Dargaud
Galicia Grijalbo Dargaud
Data de pub.Francia 1974
Galicia 1988
FormatoTapas duras
Páxinas50
ISBNISBN 84-8288-182-5
Precedido porAstérix en Corse
Seguido porA gran travesía
TraduciónAntonio Pichel (1988)
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado por Grijalbo Dargaud en 1988.[1][4]

Sinopse editar

A historia comeza en Roma, durante a festa de licenza do lexionario Badebrutus despois de 20 anos de servizo no exército. Totalmente bébedo, insulta Xulio César e el ofrécelle como agasallo de licenza a famosa aldea de irredutíbeis galos. Durante outra borracheira, cambia o regalo por unhas copas de viño con Ortoédix, un hostaleiro. Entón, el e a súa familia queren tomar posesión do seu novo patrimonio.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 O regalo do César. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Barcelona: Grijalbo Dargaud. 1988. ISBN 84-8288-182-5 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. "Le Cadeau de César - Astérix - Le site officiel". www.asterix.com (en francés). Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  3. René Goscinny - Asterix and Caesar's Gift - Hachette Children's Group (en inglés). 
  4. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.