O prisioneiro de Zenda (filme de 1952)

filme de 1952 dirixido por Richard Thorpe

O prisioneiro de Zenda (en inglés: The Prisoner of Zenda) é un filme estadounidense de 1952 dirixido por Richard Thorpe. É un remake do filme homónimo de 1937 e da versión muda de 1922. Está protagonizado por Stewart Granger, Deborah Kerr e James Mason (xunto con Louis Calhern, Robert Douglas, Jane Greer e Robert Coote).

O prisioneiro de Zenda
Ficha técnica
Título orixinalThe Prisoner of Zenda
DirectorRichard Thorpe
ProdutorPandro S. Berman
GuiónWells Root
Donald Ogden Stewart
Baseado enadaptación de Edward Rose da novela O prisioneiro de Zenda de Anthony Hope
IntérpretesStewart Granger
Deborah Kerr
James Mason
Louis Calhern
Robert Douglas
Jane Greer
Robert Coote
MúsicaAlfred Newman
FotografíaJoseph Ruttenberg
MontaxeGeorge Boemler
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
Estrea 4 de novembro de 1952
Galicia 16 de setembro de 1991 (TVG)
Duración96 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras e romance
Orzamento1 708 000 dólares[1]
Recadación5 628 967 dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0045053 Filmaffinity: 620242 Allocine: 45432 Rottentomatoes: m/1016757-prisoner_of_zenda Mojo: prisonerofzenda52 Allmovie: v39279 TCM: 87183 TV.com: movies/the-prisoner-of-zenda Netlix: 70061354Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 16 de setembro de 1991 a través da TVG.[2]

Sinopse editar

No imaxinario país de Ruritania, a véspera da coroación do seu soberano, este é secuestrado polo seu ambicioso medio irmán que desexa o trono para el. Os súbditos de confianza do monarca, adiviñando as intencións do perverso irmán, convencen un turista, Rudolf Rassendyll, para que suplante o rei. O seu parecido é tan extraordinario que ningún dos outros súbditos nota a diferenza. Para rescatar o verdadeiro rei prepárase unha expedición para sacalo do castello de Zenda onde está secuestrado. O turista, namorado da princesa Flavia participa activamente na loita.

Personaxes editar

Produción editar

Esta versión difere moi pouco da precedente de 1937 producida por David O. Selznick e protagonizada por Ronald Colman e Madeleine Carroll. Ademais, mantívose a banda sonora composta por Alfred Newman.

De acordo con Hollywood Reporter, MGM pagou a Selznick 225 000 dólares polos dereitos da novela de Anthony Hope.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 'The Eddie Mannix Ledger’, Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study, Os Ánxeles
  2. Versión en galego (ed.). "O prisioneiro de Zenda na TVG". Consultado o 17 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar