O neno de barro

filme de 2007 dirixido por Jorge Algora

O neno de barro (en castelán: El niño de barro) é unha longametraxe dirixida por Jorge Algora, estreada en 2007. É unha coprodución galega na que Maribel Verdú e o galego Chete Lera interpretan os papeis principais.

O neno de barro
Ficha técnica
Título orixinalEl niño de barro
DirectorJorge Algora
ProdutorJorge Algora
IntérpretesJuan Ciancio
Maribel Verdú
Daniel Freire
Chete Lera, Abel Ayala
MúsicaSilvia Amador García
Estrea18 de maio de 2007
Duración103 minutos
OrixeGalicia Galicia
Arxentina
Xénerosuspense
Na rede
IMDB: tt0818123 Filmaffinity: 178654 Rottentomatoes: m/the-mud-boy-el-nino-de-barro Allmovie: v418568 TCM: 650320 Editar o valor em Wikidata

Argumento editar

A acción desenvólvese en Buenos Aires en 1912. Unha serie de brutais asasinatos a menores propágase pola cidade. Mateo (Juan Ciancio), un neno de 10 anos, agacha un segredo: ás veces a súa mente condúceo a un escuro lugar da memoria onde é testemuña dos asasinatos. Ó descubrirse o seu segredo moitos cren que é o asasino.

Estela, a súa nai (Maribel Verdú), coa axuda do forense e da policía, o Dr. Soria (Chete Lera), tratan de atopar unha explicación racional das visións e así minar o escepticismo do Comisario Petrie (Daniel Freire).

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Persoa/s Resultado
2007 Mellor longametraxe Gañadora
Mellor dirección Jorge Algora Gañador
Mellor interpretación masculina protagonista Juan Ciancio Nomeado
Daniel Freire Nomeado
Chete Lera Gañador
Mellor interpretación a protagonista Maribel Verdú Nomeada
Mellor interpretación masculina secundaria Abel Ayala Nomeado
Mellor guión Jorge Algora, Christian Busquier e Héctor Carré Gañadores
Mellor montaxe Rita Romero Nomeada
Mellor son Perfecto de San José Prieto e Alberto Suárez Nomeados
Mellor dirección artística Mariela Rípodas Gañadora
Mellor dirección de produción Eduard Vallés e Juan Lovece Nomeados
Mellor dirección de fotografía Suso Bello Gañador
Mellor maquillaxe e peiteado Beata Wojtowicz Gañadora
Mellor deseño de vestiario Cecilia Monti Gañadora
Mellor música orixinal Nani García Gañador

Outros datos editar

  • A película está baseada nos asasinatos de Cayetano Santos Godino, mellor coñecido coma El Petiso Orejudo. Foi o primeiro asasino en serie na historia arxentina.
  • Foi seleccionada na categoría novos realizadores nos festivais de cine de Montréal e Santo Domingo, entre outros.
  • No XIX Festival Internacional Viña del Mar o filme foi seleccionado para a súa sección oficial, e gañou o premio da prensa especializada á mellor longametraxe internacional.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar