Abrir o menú principal

O enterro do conde de Orgaz

Pintura de El Greco
(Redirixido desde "O enterro do Conde de Orgaz")

O enterro do conde de Orgaz ou O enterro do señor de Orgaz é un cadro ó óleo pintado por El Greco (Domenikos Theotokopoulos, 1541-1614), de estilo manierista, realizado pola parroquia de San Tomé de Toledo entre o anos 1586 e 1588. A pintura atópase aínda nese mesmo lugar e está considerada unha das pinturas máis senlleiras e coñecidas do artista.[1]

O enterro do conde de Orgaz
El Greco - The Burial of the Count of Orgaz.JPG
ArtistaEl Greco
Dataaprox. 1586-1588
TécnicaÓleo sobre tea
Dimensións480 cm × 360 cm
LocalizaciónIgrexa de San Tomé (Toledo)

A obra está no punto medio de desenvolvemento artístico do pintor e foi encargada polo capelán de Santo Tomé, Andrés Núñez. O tema baséase nunha lenda do século XIV, segundo a cal santo Estevo e santo Agostiño baixaron do ceo para trasladar o corpo de Gonzalo Ruiz de Toledo, señor da vila de Orgaz (provincia de Toledo), á tumba feita para el nunha capela da devandita parroquia. A pintura amosa a característica elongación das figuras que facía El Greco, así como o horror vacui «medo ó baleiro», aspectos que se farían cada vez máis acusados a medida que o autor se avellentaba. Estes trazos seus proviñan do manierismo e da súa época veneciana, aínda que na composición deixouse influenciar polas súas orixes bizantinas cretenses, especialmente na parte superior do cadro.[2]

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Valle y Díaz, Félix del. Poética. El entierro del Conde de Orgaz. Toledo: Azacanes, 2000.
  • Vaquero Fernández-Prieto, Emilio (1997). Fantasía y realidad de Toledo. Toledo: Azacanes. 
  • Lorente Toledo, Enrique (et al.) (1993). Rutas de Toledo. Madrid: Electra. 
  • Marías, Fernando (1995). Museos de Toledo. Madrid: Electra. 
  • Cerro Malagón, Rafael de (1982). El greco. Su época y su obra. Toledo: IPIET – Deputación de Toledo. 
  • Calvo Serraller, Francisco (1999). El entierro del conde de Orgaz. Electa.