O combate dos xefes

álbum de banda deseñada de Astérix

O combate dos xefes[1] (en francés: Le Combat des chefs) é o sétimo volume da serie de banda deseñada Astérix, publicado en 1966 e creado por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración).[2]

O combate dos xefes
Título orixinalLe Combat des chefs
Autor/aRené Goscinny
Ilustrador/aAlbert Uderzo
CubertaAlbert Uderzo
Orixe Francia
Linguafrancés
ColecciónAstérix
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia Dargaud
Galicia Mas-Ivars
Data de pub.Francia 1966
Galicia 1976
FormatoTapas duras
Páxinas48
ISBNISBN 84-85146-27-1
Precedido porAstérix e Cleopatra
Seguido porAstérix en Britania
TraduciónEduardo Blanco Amor (1976)
Marisa Guerra (1992)
Xavier Senín e Isabel Soto (2018)
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1976 baixo o título A loita dos xefes.[3] A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor".[4] En 1992, publicouse de novo da man de Editorial Galaxia, con tradución de Marisa Guerra e baixo o título O combate dos xefes.[1] En setembro de 2018, publicouse unha nova tradución de Xavier Senín e Isabel Soto por Edicións Xerais con ese mesmo título.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 O combate dos xefes. Traducido por Marisa Guerra (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1992. ISBN 84-7154-762-7 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. "Le Combat des chefs - Astérix - Le site officiel". www.asterix.com (en francés). Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  3. A loita dos xefes. Traducido por Eduardo Blanco Amor (1ª ed.). Valencia: Mas-Ivars. 1976. ISBN 84-85146-27-1 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  4. blog.xerais.gal, ed. (13 de outubro de 2017). "O novo de Astérix, en galego o 19 de outubro da man de Xerais". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2019. 
  5. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar