O bufón don Diego de Acedo, o curmán

pintura de Diego Velázquez

O bufón don Diego de Acedo, o curmán (en castelán: El bufón don Diego de Acedo, el Primo) é unha obra pintada por Velázquez e conservada no Museo do Prado de Madrid dende a súa apertura en 1819. Pertence ó grupo de retratos de bufóns e «homes de pracer» pintados por Velázquez para decorar os pazos reais, nos que, dado o seu carácter informal, o pintor puido ensaiar novos recursos expresivos con maior liberdade que nos retratos oficiais da familia real, coa súa carga representativa.

O bufón don Diego de Acedo, o curmán
ArtistaDiego Velázquez
Data1636, 1645
TécnicaÓleo sobre lenzo
Dimensións107 cm × 82 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)