O aquelarre (1823)

Pintura de Francisco de Goya

O aquelarre ou O gran Cabrón[1] é unha das pinturas ó óleo sobre lenzo que conforman as chamadas Pinturas negras coa que Francisco de Goya decorou os muros da súa casa da Quinta del Sordo. A serie foi pintada entre 1819 e 1823.

O aquelarre
Francisco de Goya y Lucientes - Witches' Sabbath (The Great He-Goat).jpg
ArtistaFrancisco de Goya
Data1819 - 1823
Técnicaóleo sobre lenzo
Dimensións140 cm × 438 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

Esta obra, xunto co resto das Pinturas negras, foi trasladada de revoco a lenzo, a partir de 1874 por Salvador Martínez Cubells, por encargo do barón Émile d'Erlanger,[2] un banqueiro francés, de orixe alemá, que tiña intención de vendelas na Exposición Universal de París de 1878. Porén, as obras non espertaron a atención de compradores e doounas el mesmo, en 1881, ó Museo do Prado, onde actualmente se expoñen.

NotasEditar

  1. Foron variadas as propostas de título para esta pintura. A máis temperá, O gran Cabrón, débese ó inventario que Antonio de Brugada realizou trala morte de Goya. Outras variadas propostas para o título foron postuladas pola crítica, sendo a preferida a de El Aquelarre, do Conde de la Viñaza.Museo del Prado, serie didáctica en línea «Mirar un cuadro»: El Aquelarre.
  2. Cfr. Valeriano Bozal (2005), vol. 2, páx. 247: Valeriano Bozal, Francisco Goya, vida y obra, (2 vols.) Madrid, Tf. Editores, 2005, vol. 2, páx. 247, ISBN 84-96209-39-3.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • BOZAL, Valeriano, Francisco Goya, vida y obra, (2 vols.) Madrid, Tf. Editores, 2005. ISBN 84-96209-39-3.
  • GLENDINNING, Nigel, Francisco de Goya, Madrid, Cuadernos de Historia 16 (col. «El arte y sus creadores», nº 30), 1993, páx. 145.